
A OPP–20 é unha organización adicada ao marisqueo e acuicultura, constituída co obxectivo de fomentar a extracción dos recursos mariños vivos dunha forma responsable, equilibrada, sostible e competitiva, así como de mellorar as condicións de vida e traballo para os traballadores do mar e contribuir á conservación do medio mariño e biodiversidade das especies.
A Nosa OPP
responsable, equilibrada, sostible e competitiva

DENDE A RESPONSABILIDADE E SUSTENTABILIDADE
Esta organización dende a súa orixe sempre mostrou inquedanza cara o futuro da pesca e a conservación do mar, polo que á hora de escoller o marisco que traballamos temos en conta tanto as recomendacións científicas, as das administracións públicas e as de organizacións ambientais e sociais que traballan para asegurar o futuro da pesca artesá e do mar.
A cultura e tradición polo mundo do mar está moi enraizada na Illa de Arousa, pobo mariñero por excelencia que ollou como o seu desenvolvemento socioeconómico estivo moi vencellado ao marisqueo. Os mariscadores da Illa de Arousa, na súa maior parte mulleres, son traballadores exemplares que con gran esforzo conseguen sair adiante grazas a riqueza dos seus areais e o seu enorme traballo diario.
“O mar é todo. Seu alento é puro e saudable. É un deserto inmenso onde o home nunca está só, porque sente a vida axitarse en todas direccións.”
Julio Verne
PRODUTOS
As especies comercializadas polos membros da OPP son extraídas nas zonas das que se dispón de autorización administrativa e nas zonas de libre marisqueo de competencia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

MARISCOS
Algunhas das nosas especies de marisqueo son: as ameixas de varios tipos, berberecho, vieira, camarón…

ALGAS
Ofrecemos algas 100% ecolóxicas: leituga de mar, correa, wakame, ramallo, kombu…
NOVidades
A OPP20 coida da saúde dos seus asociados
Para a OPP20 as enfermidades profesionais laborais e a saúde dos mariscadores e das mariscadoras son unha prioridade...
A OPP20 crea a marca MARISCO DE A ILLA
A OPP20 crea a marca MARISCO DE A ILLA para a mellora da comercialización dos seus produtos en lonxa e para a...
A OPP-20 merca material informático para os centros de ensino de A Illa
Cada ano unha porcentaxe das vendas que a OPP20 rexistra na lonxa resérvanse para que o sector contribúa no...