As mariscadoras/es da OPP20 axilizarán a clasificación e pesaxe dos seus produtos na lonxa de A Illa, o que repercutirá nunha mellora da súa trazabilidade e da conservación da súa calidade, neste enclave de tradición marisqueira.

Enmarcada no seu Plan de Produción e Comercialización cofinanciado polo FEMP e a Xunta de Galicia, a OPP20 comeza este mes a utilizar a nova instalación de clasificadoras e unidades de pesaxe de precisión na lonxa de O Xufre.

Clasificadora en funcionamento

Estes equipos de última xeración permiten ás mariscadoras e mariscadores da OPP mellorar o proceso de clasificación e pesaxe por varios motivos. O primeiro é o incremento de equipos respecto ós xa existentes na lonxa, o que permite ter máis postos abertos para realizar o traballo diario.

O segundo é o que se reseñaba no primeiro parágrafo: a modernización da instalación. Os novos equipos son os últimos existentes no mercado, permitindo unha mellora na rapidez da clasificación e unha conectividade automatizada coa pesaxe e etiquetado de forma que a trazabilidade é total.

Clasificación

Instaláronse un total de tres equipos completos, formados por clasificadora e unidade de pesaxe, que permiten mellorar a entrada dos produtos no mercado, xa que garanten homoxeneidade de produto e garantías de seguridade alimentaria. Esta nova instalación automatiza o proceso de forma que reducen tempos de manexo, retirando restos de cunchas, pedras ou outros elementos acompañantes de forma automática, e pesando con suma precisión os exemplares de cada tamaño.

Os equipos están destinados principalmente ó clasificado e pesado da ameixa babosa e xapónica. O funcionamento das clasificadoras é por vibración de parrillas desmontables e sistema de doble moto-vibrador regulable. As plataformas de pesaxe automatizado son de 40 x 40cm. Persoal da OPP foi formado na utilización dos novos equipos durante a súa instalación por persoal técnico das empresas proveedoras, SAECDATA e CALMEAR.

Estas melloras permiten ó marisco de A Illa sumar máis puntos cos seus clientes, ofertándolles un produto con garantías de orixe, calidade e trazabilidade.