O próximo 9 de setembro preséntase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela “Marisco de A Illa, Tradición Saudable” desenvolvida pola Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20), tras a cancelación sufrida para o acto do pasado luns 31 de agosto polo falecemento dun mariscador da OPP.

A campaña ten como finalidade a promoción do consumo de marisco da Illa de Arousa, extraído pola OPP20, a través da colaboración cos seus clientes principais, o sector da restauración, promovendo o turismo gastronómico en Galicia en base á tradición e á saúde asociadas ó noso produto.

A Consellería do Mar estará presente no acto acompañando ó presidente da OPP20, Juan José Rial Millán, que tamén contará coa presenza de representantes do Concello de Santiago e da Illa de Arousa, de Portos de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

Representantes do sector, incluíndo as diferentes federacións provinciais, autonómica e nacional de Confradías, foron convidados a asitir xunto a representantes da restauración e do turismo de Galicia.

VISITA A WEB DA CAMPAÑA

Esta iniciativa está enmarcada no PPeC 2020 da OPP20, cofinanciada polo FEMP e pola Xunta de Galicia.