Dentro do noso PPeC 2020, como medida extraordinaria para facer fronte á epidemia por COVID19, estamos dotando ás nosas e nosos mariscadores de máscaras.

Primeiro fixémonos con 1500 exemplares de máscaras quirúrxicas refugables, que foron repartidas entre socios e socias da OPP20.

Actualmente, tras o deseño das novas mascariñas reutilizables, estamos agardando a recibilas. Este deseño inclúe o noso lema:

A MIÑA TERRA

A MIÑA ARTE

A MIÑA CULTURA

MARISCO DE A ILLA!

Do mesmo xeito, proporcionamos desinfectante de mans para mariscadoras e mariscadores, e tamén de superficies para que os nosos traballadores e traballadoras poidan manter os lugares de traballo limpos en todo momento.

Por último, e non menos importante, desenvolvemos a información sobre os elementos clave para combater a epidemia en carteis formativos para as oficinas e a lonxa da OPP.

Queremos que todos e todas esteamos a salvo!

Medida enmarcada no PPeC da OPP20 de 2020, cofinanciada polo FEMP e a Xunta de Galicia.