Cada ano unha porcentaxe das vendas que a OPP20 rexistra na lonxa resérvanse para que o sector contribúa no desenvolvemento de actividades na Illa.

Ata a chegada da pandemia, estes cartos dedicábanse tanto aos clubs deportivos locais, como ás distintas festas que se celebraban en A Illa. Coa chegada do COVID19 e tendo en conta que moitos/as nenos/as non contan con ordenador ou tablet para poder seguir as clases online nin realizar as súas tarefas escolares, a OPP20 decidiu dedicar os cartos á dotación de material informático para os/as nenos/as da vila. Para elo, a OPP20 contactou cos dos dentros de ensino de A Illa, o colexio Torre e o instituto da Illa de Arousa.

O presidente da OPP20, Juan José Rial Millán, mantivo un encontro cos responsables de ámbolos dous centros para coñecer de primeira man as súas necesidades, como a compra de dous routers con tarxetas duplicadas e acceso sen límite para que no caso de que os/as rapaces/zas teñan que facer corentena, ou que por algunha outra cuestión non poidan asistir ao centro, poidan ter Internet na casa.

Ademais da adquisición destes materiais, a intención é colaborar co instituto para dotar a aula de informática, agora cativa e con ordenadores moi antigos, de novos aparatos.