En decembro de 2019 a OPP20, xunto coa confraría de pescadores de A Illa de Arousa, puxo en marcha o proxecto “Basura Marina“. Esta iniciativa xurdío co obxectivo de axudar e protexer o municipio de A Illa de Arousa de todos os refugallos (principalmente plásticos) que chegan ao mar e deposítanse na costa. Sen esquecer a concienciación e sensibilización sobre o grave problema da contaminación. A iniciativa “Basura Marina” conta coa colaboración do proxecto de proteción da biodiversidade do Espazo Atlántico, “CleanAtlantic”, dende o cal se proporcionan cubos de lixo especiais para a recollida de lixo mariño.

Os vixiantes da OPP20 participan activamente en “Basura Marina” percorrendo os 37 Km de costa de A Illa na procura de lixo no mar e en terra, e o depositan nos cubos “CleanAtlantic“. Ademais disto, a xente colabora coa iniciativa enviando fotos e localización de lixo que se atopa no mar e na costa grazas ao cal os vixiantes da OPP20 poden realizar unha labor de limpeza máis eficiente. Dende o inicio de “Basura Marina” levan sacadas 34 toneladas, un traballo que a OPP20 e a poboación de A Illa agradécelles enormemente.

Nesta loita contra a contaminación do mar, a OPP20 colabora con outras iniciativas como as limpezas submarinas e de praias, como as que recentemente levaron a cabo coa fundación Abanca e outras asociacións coma BATA e Con Eles na cal se retiraron máis de 400 quilos ou a limpeza subacuática realizada co club subacuático Perezsub que retiraron 3.000 Kg de lixo do mar.