Os bancos marisqueiros da Illa de Arousa recibiron o pasado venres un importante aporte de bivalvos para o seu engorde. A OPP-20, xunto coa confraría de pescadores “San Xulián” de A Illa, levou a cabo a sementeira de millón e medio de xuvenís de ameixa xapónica, de 15 a 18 milímetros.

Deberán pasar aínda uns meses ata que acaden o tamaño comercial e poidan ser comercializadas na lonxa pero mentres tanto contarán co apoio dos servizos de vixilancia que velarán porque a colleita chegue a bo fin e non sexa esquilmada pola acción dos furtivos.