Tras o éxito alcanzado no 2020 coa campaña de promoción “Marisco de A Illa, Tradición saudable”, a OPP20 puxo en marcha en 2021 o rexistro de marca “Marisco da Illa” e da campaña “Ou pracer na túa boca!”.

O acto, celebrado o pasado 13 de agosto, foi dirixido polo presidente da OPP, Juan José Rial Millán, quen contou co apoio de numerosas persoas do sector marisqueiro, así como da administración.
A inauguración foi a cargo do alcalde da Illa, Carlos Iglesias, quen resaltou o orgullo do marisco de A Illa como trazo identitario da localidade e encantado coa proposta da OPP, e tras a intervención do deputado da Deputación de Pontevedra, Manuel González, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o labor da OPP, sobre todo nunha época tan dura como é a derivada da pandemia por COVID19.

Unha vez terminada a inauguración o presidente da OPP presentou a marca Marisco da Illa, creada para identificar o produto de A Illa no mercado, pero tamén para ter unha imaxe asociada a el que permita ao consumidor coñecer e pedir Marisco da Illa en calquera lugar no que o marisco estea presente.

Marisco da Illa pretende ser un selo identificativo que permita identificar os produtos da OPP20 cos seguintes atractivos:

TRADICIÓN SOSTIBLE: Traballamos no mar de forma responsable, contribuíndo á conservación do medio mariño e biodiversidade das especies.

PRODUTO DE CALIDADE: Seleccionamos o noso produto con tamaño e características óptimas, obtendo do mar frescura e calidade superior.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: O marisco é fonte importante de minerais, baixa porcentaxe de graxas e posúe proteínas de alto valor biolóxico.

GOZAR CULINARIO: Un gozar para os sentidos, pola súa textura e frescura de matices, porque o marisco é sabor a mar

Marisco da Illa pretende ser un selo identificativo que permita poñer en valor bivalvos e crustáceos extraídos polos produtores e produtoras da OPP20.

Co lanzamento da campaña «Ou pracer na túa boca» a OPP20 céntrase no goce culinario do MARISCO DE A ILLA. Este título quere xogar coa sugestión do público destinatario, para que asocien o pracer co consumo do o noso marisco, de Marisco de A Illa. Xogar tamén coa crenza de que o marisco é un alimento con certas propiedades afrodisíacas, espertando así todos os sentidos da persoa que o degusta.

Tras a intervención do presidente da OPP20 e a presentación da campaña os asistentes puideron degustar o produto de A Illa da man do cociñeiro Adrián Albino do restaurante Niño Corvo. Para iso elaborou tres receitas con dous das especies máis coñecidas da OPP: ameixa rubia e ameixa babosa; e unha con outra menos coñecida pero con gran potencial: o reloxo. Adrián tamén utilizou algunha das algas do selo sostible dos produtores da Illa como é o caso do codium e da leituga de mar.

Vídeos da campaña 2020 e 2021: https://we.tl/t-lLBcm1k5dY

Web: www.mariscodeailla.com

PRACER É ESA SENSACIÓN DE PLENITUD QUE PRODUCE NO ESPÍRITU E NOS SENTIDOS O CONSUMO DE MARISCO DE A ILLA.

Esta iniciativa está enmarcada no PPeC 2021 da OPP20, cofinanciada polo FEMP e pola Xunta de Galicia.