A OPP-20, como parte do seu Plan de Produción e Comercialización 2021, adquiriu dúas bicicletas eléctricas para que os vixiantes poidan realizar as súas tarefas de vixilancia de praias permitindo así seguir loitando contra o furtivismo reducindo as emisións de carbono.

As bicicletas permite aos vixiantes acceder a determinados espazos aos que non poden chegar vehículos de motor, como é o caso das praias de Carreirón. Ademais este tipo de vehículo é moito mais silencioso que os de motor, non alertando aos furtivos.

As baterías das bicicletas contan cunha autonomía de 50 quilómetros e súmanse ás dúas motocicletas, dúas lanchas e varios coches que conforman a frota de vehículos de vixilancia cos que conta A Illa. Nas próximas semanas, a OPP-20 espera contar cun dron con cámara térmica e visión nocturna, complementando así a vixilancia e facilitando o traballo aos vixiantes.