Sen compradores e sen poder articular as medidas axeitadas para gardar as distancias que marca o protocolo de loita contra o COVID-19, a maior parte das confrarías da ría de Arousa decidiron botar o peche e cancelar a extracción de marisco en Os Lombos, O Bohído e Cabío.

Esta medida afecta á última semana do libre marisqueo, pero é moi probable que continúe mentres se manteña a alerta nacional que decretou o Goberno. A decisión tomouse á espera de que a Consellería do Mar decrete o cesamento da actividade extractiva, polo que todo o sector quedará sen ingresos inmediatos debido á situación de pandemia, unha circunstancia que está en mans da administración solucionar canto antes.

O patrón maior de A Illa, Juan José Rial Millán, recoñecía onte que o traballo que “estabamos a realizar nos bancos marisqueiros convértenos en poboación de alto risco de contaxio, xa que é imposible que podamos gardar as distancias que esixe unha situación como a que estamos a sufrir“, sinala.

Vexa a nova completa en Faro de Vigo.