As nosas mariscadoras e mariscadores realizan unha actividade sostible nun medio inmellorable, que permite que o noso produto teña unha alta calidade.

Especies como a ameixa babosa ou a ameixa rubia son especies estrela da nosa OPP, xunto á xaponesa. Pero tamén hai outras de gran calidade pero quizáis menos coñecidas como a ameixa bicuda ou reló ou o carneiro.

Fotografía de carneiro

O camarón de A Illa é a especie máis valorada no mercado, por iso se construíu en 2019 a Zona de Estabulación na lonxa.

Esta instalación permite a día de hoxe o almacenamento de crustáceos capturados pola OPP dunha forma segura e sinxela, cun marcado individual por lote, o que facilita a trazabilidade do produto que en todo momento está asociado mediante etiqueta a un mariscador/a e a unha embarcación.

Tamén as algas son un recurso importante para a OPP, xerando beneficios importantes para aqueles socios/as con permiso de extracción.

Algas recollidas pola OPP20

Outro marisco moi preciado é a navalla, que se pode recoller mediante marisqueo a pé ou tamén mediante buceo. Este exquisito manxar é moi demandado polos nosos clientes da restauración.

Seguide atentos que vos seguiremos contando sobre a nosa actividade e os recursos que xestionamos de forma totalmente sostible.

Acción de comunicación enmarcada no PPeC 2020 da OPP20, cofinanciado polo FEMP e a Xunta de Galicia.