O pasado venres 26 de xuño a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou o novo centro de estabulación de marisco instalado na lonxa da Illa de Arousa pola Organización de Produtores Pesqueiros  OPP – 20.

O centro de estabulación conta cun equipo frigorífico, nove depósitos, un sistema de bombeo, depuración e filtrado, ademais de 10 mesas de aceiro inoxidable para realizar a selección de produto. Esta instalación permitirá que, o camarón e a nécora que son capturados, na súa maioría en horario nocturno, manteñan a súa trazabilidade e calidade ofrecendo aos consumidores produto fresco cunha información clara e completa.

Esta actuación enmárcase dentro do plan de produción e comercialización de 2019 da  OPP20 co obxectivo de poder gardar e conservar o marisco (crustáceos e cefalópodos) coa posibilidade de poder poxalo tras a súa captura en función do prezo.