Hoxe, 14 de agosto, abriuse o prazo de solicitude electrónica para as axudas ao marisqueo coas que, grazas aos 5,21 millóns de euros, o 75 % procedentes da UE a través  do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e o 25 % da Comunidade Autónoma de Galicia, compensar ao sector polos días non traballados durante o confinamento.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de setembro e tan só poderase realizar  telemáticamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( PE401I – Axudas a persoas mariscadoras afectadas polo cesamento temporal da actividade marisqueira como consecuencia do covid-19).

Para ser beneficiario destas axudas as persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé para recursos marisqueiros xenerais ou específicos deben acreditar cando menos 120 días durante os anos 2018 e 2019. No caso de que o/a mariscador/á pé sexa titular dun permiso de explotación cunha vixencia inferior aos dous anos no momento da data de presentación da solicitude de axuda, os días mínimos de actividade extractiva requiridos para a devandita persoa calcularanse como a proporción de 120 días nos dous últimos anos civís. De acordo con isto, os días de actividade extractiva esixidos para cumprir este requisito serán os días resultantes de dividir entre 6 o período desde o outorgamento do permiso de explotación.

Na xornada de onte a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo un encontro con representantes da OPP-20 destacando a importancia das organizacións de produtores pesqueiros (OPP) para o desenvolvemento económico das vilas costeiras galegas e das axudas ao sector na convocatoria de 2020 para ás OPPs e o marisqueo.