CONFRARIA SAN JULIÁN

de A Illa de Arousa

A CONFRARIA

Case un século de historia

A Confraria de Pescadores de A Illa de Arousa ten a súa orixe no ano 1932, sendo seu patrón maior D. Avelino Fuentes García.

É unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial o concello da Illa de Arousa. Actúa como órgano de consulta e colaboración da Administración en materias relativas á actividade extractiva e ordenación do sector pesqueiro e representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector e dos seus asociados.

D. Avelino Fuentes, primeiro patrón maior, 1932

Antigas ilustracións de moluscos bivalbos

FUNCIÓNS

Como órgano de consulta e colaboración:

  • Orientar a todos os asociados sobre as accións derivadas da aplicación da normativa relativa ao sector pesqueiro e, en particular, sobre axudas, subvencións e programas establecidos pola Administración pública.
  • Actuar como oficinas públicas no referente á recepción, rexistro e tramitación de documentación dirixida á Consellería do Mar, cando así se establezca en virtude da disposición regulamentaria.
  • Promover actividades de formación dos profesionais nas actividades relativas á pesca.
  • Elevar á Administración propostas sobre materias de interese pesqueiro e, en particular, sobre aquelas accións dirixidas á melloora das condicións técnicas, económicas e sociais da actividade pesqueira.
  • Promover la creación de servizos comúns para os asociados.
  • Velar plo cumprimiento da normativa vixente en materia de pesca, descarga e primera venda e comercialización dos recursos mariños.
  • Colaborar coa Administración na elaboración das estatísticas do sector pesqueiro e marisqueiro e, en particular, remitir á Consellería competente en materia de pesca os datos relativos á descarga e primeira venda dos recursos mariños en fresco, no plazo e na forma determinada regulamentariamente.

Acta de entrega  asinada por D. Avelino Fuentes o 17 de xaneiro de 1932

FUNCIÓNS

En defensa dos intereses dos profesionais:

  • Promover a creación de servizos sociais, recreativos, culturais ou semellantes para os seus asociados.
  • Xestionar as áreas de zona marítima e marítimo-terrestre que lle foron confiadas mediante o título administrativo habilitante correspondente expedido pola Administración competente.
  • Xestionar e administrar aqueles bens patrimoniais que lles sean cedidos por calqueira Administración Pública para o cumprimiento dos seus fins.
  • Responsabilizarse da vixilancia das zonas de dominio público marítimo e marítimo-terrestre que lles foran confiadas para seu aproveitamento.
  • Administrar seus propios recursos e patrimonio.
  • Promover a execución de plans de capturas, concentrar a oferta e regularizar os prezos.
  • Establecer os plans de producción e comercialización co fin de mellorar a calidade dos produtos e adaptar o volume de oferta ás esixencias do mercado.
  • Adoptar as medidas necesarias para a aplicación da política pesqueira comunitaria que sexan de competencia dos produtores.
  • Fomentar o movemento asociativo como instrumento para a consecución dos obxectivos de ordenación e potenciación do sector.
  • Prestar servizos de carácter xeral a os socios.
  • Promover el recoñecemento social da profesión de pescador mediante a divulgación da cultura mariñeira, da difusión do coñecemento da actividade pesqueira en toda a súa extensión e o fomento das actividades turísticas, culturais e de lecer vencellados á pesca e ao mar, dirixidas tanto a propia comunidade mariñeira como a la sociedade en xeral.
  • Realizar traballos administrativos e xestións que conleva a actividade profesional pesqueira e mesmo deportiva dos seus socios.
  • As demáis funcións que lles confiren seus estatutos.