PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA O PRÓXIMO 9 DE SETEMBRO ÁS 12:00 NA CIDADE DA CULTURA.

NECESARIA INVITACIÓN POR AFORO LIMITADO.

O marisqueo é parte da historia da Galicia costeira, parte da súa tradición.

A Illa de Arousa, enclave marítimo de fermosa paisaxe, agocha nos seus areais e nas súas augas o manxar galego por excelencia.

Ameixas, berberechos, camarón ou navallas, son algúns dos exquisitos alimentos que a OPP20 recolle cada día para desfrute dos padais máis esixentes.

Son fonte de iodo, teñen un alto contido en ferro e posúen proteínas de alto valor biolóxico. Isto unido á súa doada dixestión e á baixa porcentaxe de graxas que conteñen, fan deles un compoñente ideal nunha dieta saudable.

Marisco de A Illa, Tradición Saudable.

marisco de a illa,

UNHA TRADICIÓN SAUDABLE

A OPP-20 é unha organización adicada ao marisqueo e acuicultura, constituída co obxectivo de fomentar a extracción dos recursos mariños vivos dunha forma responsable e sostible

 A campaña de promoción “Marisco de A Illa, Tradición e Saudable” é cofinanciada polo FEMP e XUNTA DE GALICIA, e unha acción enmarcada no PPeC da OPP-20.

 A finalidade deste iniciativa é a de promocionar o consumo de marisco de A Illa de Arousa, extraído pola OPP20, a través da colaboración cos seus clientes principais, o sector da restauración, promovendo o turismo gastronómico en Galicia en base á tradición e á saúde asociadas ó noso produto.

Nesta colaboración coa restauración galega, centra os seus obxectivos en tres dos produtos máis característicos da nosa costa: ameixa rubia, ameixa babosa e camarón.

un manxar PARA A túa saÚDE

AMEIXA RUBIA

A nosa ameixa rubia destaca pola tersura da súa carne, o que fai ideal para calquera tipo de guiso.

AMEIXA BABOSA

A ameixa babosa dos nosos areais é moi apreciada polo seu sabor, sobre todo se se fai á mariñeira.

CAMARÓN

A calidade do camarón da Illa fai que simplemente cocido, constitúe un prato delicioso.

Convidámoste a coñecer cómo elaboran estes manxares os profesionais da restauración. Podes visitalos e comer o mellor Marisco de A Illa ou tentar elaborar a receita no teu fogar.

ORGANIZA

COORDINA

FINANCIA

FINANCIA