Queres marisco sostible? Apetécenche algas ecolóxicas?

Queres marisco sostible? Apetécenche algas ecolóxicas?

Mariscadores da OPP20 de A Illa de Arousa recollen o mellor produto para ti.

Marisco e algas de A Illa, sostibles e ecolóxicos. Certificados por PESCAENVERDE e CRAEGA.

Marisco e Algas de A Illa é a nosa iniciativa para a posta en valor do marisco e algas de A Illa enmarcada no noso Plan de Produción e Comercialización, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMP.

O marisqueo é unha actividade con ampla tradición en Galicia, que nas últimas décadas se vén profesionalizando cada vez máis de forma que se conseguiu acadar unha actividade totalmente sostible e respectuosa co medio ambiente.

O selo PescaEnVerde certifica que todos os produtos comercializados pola nosa organización teñen unha baixa pegada de carbono, e polo tanto non teñen impacto negativo sobre o medio ambiente. Somos unha actividade sostible e a ecoetiqueta PescaEnVerde así o certifica.

Do mesmo xeito, nunha época en que todo o ecolóxico está de moda, as algas que recollen os nosos mergulladores están certificadas polo selo CRAEGA de agricultura ecolóxica, o que as converte nun alimento totalmente natural.

Queremos resaltar que os nosos produtos son totalmente sostibles e ecolóxicos, e que polo tanto os nosos clientes e os consumidores poden estar totalmente seguros de que o marisco e as algas de A Illa son produtos que garanten a responsabilidade dos nosos produtores e produtoras coa sustentabilidade do planeta.

Participación no programa "Estache Bo" da TVG

O 27 de decembro emitiuse o programa Estache Bo no que participamos para levar a cabo esta iniciativa de posta en valor de Marisco e Algas de A Illa, sostibles e ecolóxicos.

Participación no programa "Estache Bo" da TVG

O 27 de decembro emitiuse o programa Estache Bo no que participamos para levar a cabo esta iniciativa de posta en valor de Marisco e Algas de A Illa, sostibles e ecolóxicos.

Divulgación da iniciativa en

RADIO AROSA e DIAL PONTEVEDRA

Emitiuse dende o 13 ao 31 de decembro unha cuña de radio en Radio Arosa e Dial Pontevedra dentro da nosa iniciativa.

Galería de fotos do programa "Estache bo"

Galería de fotos do programa "Estache bo"


Iniciativa cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP