PROXECTOS CONFRARIA

Unindo esforzos para mellorar cada día

PROXECTO DE REXENERACIÓN E ACONDICIONAMENTO A PÉ 2021. PE209B-2021F-028

Arado: remoción do terreo, mediante grades tiradas por embarcación, dunha superficie total de 11.600m2, dos cales na zona do Aguiuncho “AR-321” rexenerouse unha superficie de 5.400 m2 e na zona do Cabodeiro “AR-041” rexenerouse unha superficie de 6.200 m2

Sementeira: aportouse 1.200.000 unidades de ameixa babosa de talla 15-18mm provinte de criadeiro, das cales 500.000 unidades sementáronse na zona do Aguiuncho “AR-321” e 700.000 unidades sementáronse na zona do Cabodeiro “AR-041”.

PROXECTO DE REXENERACIÓN NO BANCO DE CAMAXE-SALINAS 

Consistente na limpeza e remoción do terreo previas á sementeira de 1.000.000 de unidades de ameixa xaponesa de talla 14-18mm