SENSIMAR é unha iniciativa de FUNDAMAR que incluímos no noso Plan de Produción e Comercialización 2021, cofinanciado polo FEMP e a Xunta de Galicia, co obxectivo de sensibilizar a mariscadores e mariscadoras por unha banda e á poboación en xeral por outra, sobre a necesidade de protexer os bancos marisqueiros como áreas de importancia para a protección do ecosistema (hábitats, especies, co-xestión, explotación sostible).

Este traballo de sensibilización levouse a cabo en 3 fases:

  1. Recopilación de información sobre as áreas marisqueiras na Illa de Arousa e o seu entorno nun informe previo onde se recolla a información precisa para a sensibilización.
  2. Sensibilización a mariscadores e mariscadoras a través duns talleres formativos para que eles e elas poidan impartir charlas a alumnado de primaria sobre a necesidade de protección do medio mariño.
  3. Sensibilización á poboación xeral a través de charlas a escolares impartidas por profesionais do sector sobre marisqueo, medioambiente e sustentabilidade no medio mariño.

Traballo con mariscadores e mariscadoras da OPP20

Traballo con alumnado de PRIMARIA

MAPA DE USOS

CARTAS DE FACTORES

ROLL UPS DE TRABALLO