ALGAS
100% ecolóxicas e recolleitadas a man
100% ECOLÓXICAS
Certificación de CRAEGA
A OPP-20 converteuse nunha das organizacións con maior volume de recolleita de algas nos últimos anos e a única comercializadora de algas ecolóxicas de Galicia.

LEITUGA DE MAR ecolóxica
Ulva lactuca
Esta alga mariña comestible caracterízase por ter longas follas de cor verde, moi parecidas ás follas de leituga. O seu crecemento prodúcese nas zonas intermareales, crecendo nas rocas e descubríndose durante a marea baixa. Habitualmente podemos adquirir leituga de mar desecada ou en conserva.
CORREA ecolóxica
Himanthalia elongata
Tamén coñecida como espagueti de mar ou cinta, é de cor entre castaña e verde oliva e ten forma estreita e alongada. Medra a partir dun botón cóncavo fixo nas rocas, do que sae un talo en forma de fita de ata 3 m de lonxitude que se divide dicotómicamente. Coñecida como espaguetis de mar, é moi versátil como alimento, pola súa riqueza nutritiva, a súa textura carnosa e sabor suave no padal.

Leituga de mar
KOMBU ecolóxico
Laminaria
É un tipo de alga con forma de lámina moi consumida en Asia, especialmente en Xapón. É un alimento con alto valor enerxético e unha gran achega proteica. Ademáis, carece de graxas mentres que presenta un alto grao en carbohidratos.
RAMALLO ecolóxico
Codium tomentosum
O Codium Tomentosum ou Ramallo de Mar é unha alga de cor verde intensa, de formas redondeadas, cunha carne xugosa e xelatinosa, moi común nas costas galegas. Esta alga é unha das máis empregadas actualmente na cociña, grazas ao seu sabor a mar, comparable co potente sabor do percebe.

Alga Kombu
WAKAME ecolóxico
Undaria pinnatifida
As súas follas son moi longas, verdes, cun sabor máis ben doce e unha textura peculiar. No mercado podemos atopala na súa forma fresca ou desecada. Posúe pigmentos naturais con actividades biolóxicas interesantes, por exemplo as xantinas que presentan efecto antioxidante, antiinflamatorio e neuroprotectoras do noso organismo.

Alga Wakame