
A OPP–20 é unha organización adicada ao marisqueo e acuicultura, constituída co obxectivo de fomentar a extracción dos recursos mariños vivos dunha forma responsable, equilibrada, sostible e competitiva, así como de mellorar as condicións de vida e traballo para os traballadores do mar e contribuir á conservación do medio mariño e biodiversidade das especies.

Para socios/as da OPP20
3 sesións en horario de mañá ou de tarde:
- Sesión 1: Internet e correo electrónico
- Sesión 2: O DNI e a Chave 365
- Sesión 3: Xestións administrativas ca Administración (MOVTIC, ISM…)
Curso presencial na aula de formación da OPP20.
Inscríbete na OPP20 ou online:

Visita a nosa web:
A Nosa OPP
responsable, equilibrada, sostible e competitiva

DENDE A RESPONSABILIDADE E SUSTENTABILIDADE
Esta organización dende a súa orixe sempre mostrou inquedanza cara o futuro da pesca e a conservación do mar, polo que á hora de escoller o marisco que traballamos temos en conta tanto as recomendacións científicas, as das administracións públicas e as de organizacións ambientais e sociais que traballan para asegurar o futuro da pesca artesá e do mar.
A cultura e tradición polo mundo do mar está moi enraizada na Illa de Arousa, pobo mariñero por excelencia que ollou como o seu desenvolvemento socioeconómico estivo moi vencellado ao marisqueo. Os mariscadores da Illa de Arousa, na súa maior parte mulleres, son traballadores exemplares que con gran esforzo conseguen sair adiante grazas a riqueza dos seus areais e o seu enorme traballo diario.
“O mar é todo. Seu alento é puro e saudable. É un deserto inmenso onde o home nunca está só, porque sente a vida axitarse en todas direccións.”
Julio Verne
PRODUTOS
As especies comercializadas polos membros da OPP son extraídas nas zonas das que se dispón de autorización administrativa e nas zonas de libre marisqueo de competencia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

MARISCOS
Algunhas das nosas especies de marisqueo son: as ameixas de varios tipos, berberecho, vieira, camarón…

ALGAS
Ofrecemos algas 100% ecolóxicas: leituga de mar, correa, wakame, ramallo, kombu…
NOVidades
A OPP20 lanza a súa iniciativa MARISCO E ALGAS DE A ILLA, SOSTIBLES E ECOLÓXICOS!
Marisco e Algas de A Illa, sostibles e ecolóxicos é unha aposta da OPP20 por poñer en valor a actividade que realizan...
A OPP20 mellora as condicións de comercialización dos produtos da OPP
Co obxectivo de mellorar as condicións de comercialización do marisco de A Illa mediante a preservación da calidade...
A OPP20 SENSIBILIZA ÓS/ÁS MÁIS PEQUENOS/AS DE A ILLA SOBRE A IMPORTANCIA DA PROTECCIÓN DO MEDIO MARIÑO
Hoxe o proxecto SENSIMAR, sobre sensibilización ambiental de zonas marisqueiras, aterrizou na lonxa do Xufre para...