+0034 986 551 107 info@opp20.com

Visitas guiadas á Aula “O Canto do Mar”

“O canto do mar” na súa sede da Avenida Castelao. O espacio foi concibido co obxectivo de promocionar o sector marisqueiro e os produtos da entidade. Coñece a historia, os oficios e a vida no mar dende esta aula onde poderás mergullarte pola Illa de Arousa con lentes de realidade virtual para ver con detalle o traballo dos homes e mulleres deste sector.

Aberta a centros educativos e público xeral. Avda. Castelao 32, Illa de Arousa. Horario de 10:00h a 14:00h. Contáctanos! 

Duración da visita: 2 horas aproximadamente para vela con calma e desfrutar da experiencia virtual.

Roteiros guiados polo oficio marisqueiro

Visitas guiadas por mariscadoras-es deseñadas para coñecer o oficio marisqueiro:

ROTEIRO PORTO DO XUFRE: Visita a lonxa “Do Xufre” guiados-as polos auténticos mariscadores e mariscadoras de a pé e a frote, profesionais que poderán explicarche como é o seu traballo diario.

ROTEIRO MARISQUEO: Acompaña e “traballa” coas-os mariscadoras-es de a pé, goza dunha xornada recollendo ameixas na praia.

VISITA Á SEDE DA OPP20: Coñece as instalacións da OPP20, realiza unha visita á nosa aula “O canto do mar”, disfruta do noso acuario e mergúllate no marisqueo mediante experiencias vituais inmersivas.

Actividades programadas previa inscrición, mércores e venres dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro. Consulta a información das actividades e contáctanos para saber horario e tipo de actividade en cada data!

Talleres a pé de praia para público infantil

Cada verán a OPP20 organiza talleres a pé de praia impartidos polas súas mariscadoras e mariscadores para público infantil en colaboración co entidades da Illa de Arousa como a Fundación Deporte, Ludoteca Diververán e o Campus de Verán do concello da Illa de Arousa. 

Se estás na praia e ves que están cun taller, podes unirte sen problema. 

Se eres dunha entidade interesada en facer un taller, contáctanos!

Duración: os talleres soen durar entre 1 hora e 1 hora e media.

Nas nosas redes sociais podes ver fotos de talleres anteriores, e enterarte das datas de próximos talleres cando estean dispoñibles.

 

Anímate a participar nas nosas actividades!

Actuación enmarcada no PPeC 2025 da OPP20 cofinanciado pola Unión Europea a través do FEMPA e a Xunta de Galicia.