
Percorrido virtual das instalacións da aula didáctica “O Canto do Mar” da OPP20
Coñece como son artes de marisqueo e extracción de recursos específicos a mergullo na Illa de Arousa. Ademais podes ver as instalación interactivas coas que contamos: gafas de realidade virtual Quest 2 e unha pantalla táctil xigante onde coñeceras con detalle o traballo dos homes e mulleres que traballan neste sector.
Duración
Percorrido interactivo a duración varía segundo experiencia de navegación do usuario.
Idioma:Galego e castelán

¿como podo velo?
Dende móbil, tablet ou ordenador.
Na páxina web da OPP no seguinte enlace.

Coñece en 360º as diferentes especies que comercializamos na Illa de Arousa
Visita virtual do proceso extracción do proceso do marisco e recursos específicos capturados por mergulladores. Este proxecto é un recurso didáctico da aula “O Canto do Mar”. A través de un pantalla táctil de gran formato o visitante pode coñecer as distintas artes no marisqueo e o proceso de captura de algas e anémona.
Duración
Percorrido interactivo. A duración varía segundo experiencia de navegación do usuario.
Idioma:
Galego e castelán
¿como podo velo?
Na propia aula mariñeira, nunha pantalla xigante táctil.
Dende móbil, tablet ou ordenador.
Experiencia en vídeo 360 para gafas de realidade virtual
A través de un vídeo 360 coñeceremos en primeira persoa como é o proceso de extracción do marisco da Illa e a recolección de algas e anémonas. Gracias os visores de realidade virtual terás unha experiencia inmersiva onde acompañaras a mariscadoras e mergulladores no seu traballo diario.
Duración
7 minutos
Idioma:Galego
Visítanos!
Actuación enmarcada no PPeC 2023 da OPP20 cofinanciado pola Unión Europea a través do FEMPA e a Xunta de Galicia.