+0034 986 551 107 info@opp20.com

PPeC

Plans de Produción e Comercialización

 

 

 

Os Plans de Produción e Comercialización (PPeC) definen unha serie de eixes estratéxicos que se desenvolven a través de medidas de actuación cos principais obxectivos de mellorar a produción e comercialización das Organizacións de Produtores. 

Como Organización de Produtores, a OPP20 é consciente do seu papel na consecución dos obxectivos da Organización Común de Mercados (OCM) e na garantía da correcta xestión da Política Pesqueira Común (PPC).

Plan de Produción e Comercialización 2021

Plan de Produción e Comercialización 2020

Medida 1 - Prevención de riscos relacionados cos trastornos musculoesqueléticos

O obxectivo desta medida consiste en establecer pautas de boas prácticas ergonómicas e adquirir coñecementos básicos en prevención para diminuir o risco de contraer trastornos musculoesqueléticos.

Medida 2 - Plan de vixilancia, control coidado e seguimento dos bancos marisqueiros

O obxectivo desta medida consiste en evitar e reducir as capturas no desexadas mediante melloras tecnolóxicas que permitan servizos de control máis eficientes. 

Medida 3 -Incorporar plataforma e aplicación móvil para mellorar a trazabilidade

Esta medida pretende mellorar a trazabilidade dos produtos de marisco e cultivos mariños a través da adopción de ferramentas TIC. 

Medida 4 - Deseño e desenvolvemento dunha acción de comunicación integral

O obxectivo desta medida consiste na contribución á trazabilidade dos productos da organización mellorando o acceso a información clara e completa para os consumidores a través do desenvolvemento dun programa integral de comunicación. 

Medida 5 - Estudio de viabilidade técnica e financeira para implementar drons na vixilancia dos bancos marisqueiros

Consistente en avaliar a viabilidade epara implementar o uso dun dron para complementar as labores de vixilancia nas zonas menos accesibles, ou durante as tempadas de maior interese ou, simplemente para poder manter o efecto sorpresa e recoller material gráfico do infractor. 

Medida 6 - Automatización na lonxa dos procesos de clasificación

Para mellorar a entrada dos produtos da pesca no mercado mostrando unha calidade homoxénea e garantías de seguridade alimentaria mediante a automatización na lonxa dos procesos de clasificación do produto. 

Medida 7 - Estudo de mercados de interese para a comercialización de algas

Realizar un estudo en profundidade sobre as saídas comerciais de distintas especies de algas e mercados con maior potencial de interese. 

Medida 9 - Campaña de promoción de marisco, cultivos mariños y algas

Coa medida preténdese fomentar o consumo dos produtos da OPP, dando valor á actividade marisqueira para deste xeito mellorar as condicións de introdución no mercado dos produtos. 

Medida 10 - Prevención de riscos laborais fronte a COVID-19

Creación dunha guía específica de actuación fronte a COVID-19

Medida S4M01- Estudo para a produción e comercialización de Donacilla Cornea

Realización dun estudo.

Plan de Produción e Comercialización 2019

Medida 1 - Prevención colectiva de riscos

O obxectivo da medida consistía en que os asociados do sector de marisqueo a flote fixeran un plan de prevención de riscos no que se identificasen os posibles riscos a os que se poden enfrontar, así como a correspondente prevención. 

Medida 2 - Labores de coidado, control, seguimento e vixilancia dos bancos marisqueiros

O obxectivo da medida consistía en evitar e reducir as capturas non desexadas de poboacións comerciais e asegurarse de que as actividades dos asociados eran axustadas aos plans estratéxicos nacionais. Para o cal levaron a cabo labores de coidado, control, seguimento e vixilancia dos bancos marisqueiros. 

Medida 3 - Zona de estabulación de crustáceos

Co obxectivo de manter tanto a trazabilidade como a calidade dos crustáceos comercializados pola OPP-20, plantexouse a realización dunha instalación para estabulación de crustáceos de tipo circuito pechado nas instalacións da lonxa que xestiona. 

Medida 4 - Xestión de cambios de zona e arte

A organización ofrece a seus asociados un servicio de xestión de cambios de zona e arte no propio día de actividade, o que facilita en gran medida a xestión diaria da actividade dos buques. 

Medida 5 - Comercialización de algas con certificación ecolóxica

A Organización de Produtores comercializa algas con certificación ecolóxica outorgada polo “Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)”. 

Esta certificación garante que os produtos estuvieron controlados na totalidade do proceso, elaboración, envasado e comercialización garantindo a calidade do produto. 

Medida 6 - Xornadas mariñeiras na A Illa de Arousa

A organización desenvolveu xornadas de turismo sostible co obxecto de dar a coñecer de primeira man o oficio do marisqueo a pe, o que permite achegar a experiencia do marisqueo á poboación, ofrecendo unha actividade na que poidan recibir formación sobre o oficio. 

Asimesmo, na súa idea de que para loitar contra o furtivismo hai que educar dende a infancia, buscouse tamén transmitir a historia do marisqueo as novas xeracions, fomentar o respeito e a consideración pola profesión e concienciar sobre os problemas que afectan o marisqueo. 

Medida 7 - Actividades de formación

A nosa Organización de Produtores fomenta a realización de cursos que promoven, tanto a práctica da pesca sostible, como a minimización de riscos e o aumento da seguridade no traballo e no mar. Neste sentido, a organización promoveu a celebración de diversas actividades formativas. 

Plan de Produción e Comercialización 2017

Identificación e prevención colectiva dos riscos relacionados coa seguridade no traballo e a seguridade no mar.

Revisión de embarcacións e zonas de marisqueo a flote co conseguinte plan de prevención de riscos laborais.

Elaboración e aplicación de plans e accións colectivas para evitar e reducir as capturas non desexadas

Uso de Internet e redes sociais para dar a coñecer os productos.

Avaliación das necesidades en materia de comunicación e das accións relativas á información dos consumidores.

Elaboración e difusión de estadísticas do sector pesqueiro e marisqueiro.

Mellora do etiquetado dos productos, incluída a implantación de procedementos de certificación en relación coa información obrigatoria e a información obrigatoria e a información voluntaria adicional segundo o previsto nos artículos 38 e 39 do Regulamento OCM.

Utilización de etiquetas indicando denominación comercial, nome científico, método e zona de captura.

Programas de observación e control das actividades do membros da organización de productores.

Adhesión ao selo de calidade de PescadeRías e comercialización de productos ecolóxicos. 

Desarrollo de estratexias para unha mellor comercialización da producción, incluída a certificación dos productos.

A organización desenvolveu xornadas de turismo sostible co obxecto de dar a coñecer de primeira man o oficio do marisqueo a pe, o que permite achegar a experiencia do marisqueo á poboación, ofrecendo unha actividade na que poidan recibir formación sobre o oficio. 

Asimesmo, na súa idea de que para loitar contra o furtivismo hai que educar dende a infancia, buscouse tamén transmitir a historia do marisqueo as novas xeracions, fomentar o respeito e a consideración pola profesión e concienciar sobre os problemas que afectan o marisqueo. 

Preparación e realización de programas experimentais para desenvolver artes de pesca con menor impacto ambiental.

Implatación do plan experimental do  Trueiro.

Formación e asistencia aos productores coa finalidade de facilitar a aplicación de prácticas de pesca e a utilización de artes de pesca que limiten o impacto ambiental.

Realización de cursos formativos. 

Plan de Produción e Comercialización 2016

Identificación e prevención colectiva dos riscos relacionados coa seguridade no traballo e a seguridade no mar.

Revisión de embarcacións e zonas de marisqueo a pé co conseguinte plan de prevención de riscos.

Elaboración e aplicación de plans de accións colectivas para evitar e reducir as capturas non desexadas.

Elaboración de plans de explotación, especificación das normas que han de cumplirse e plan de vixilancia.

Mellora das técnicas de trazabilidade

Uso de Internet e redes sociais para dar a coñecer os productos.

Mellora do etiquetado dos productos, incluída a implantación de procedementos de certificación en relación coa información obrigatoria e a información voluntaria adicional, segundo o previsto nos artículos 38 e 39 do Regulamento da OCM.

Utilización de etiquetas indicando denominación comercial, nome científico, método e zona de captura.

Programas de observación e control das actividades dos membros da organización de productores.

Adicación de 2 horas por parte de un traballador da OPP20, adicadas á xestión de cambios de zona solicitadas polos productores.

Desarrollo de estratexias para unha mellor comercialización da producción, incluída a certificación dos productos.

Adhesión ao selo de calidade de PescadeRías e comercialización de productos ecolóxicos.

Formación e asistencia aos productores coa finalidade de facilitar a aplicación de prácticas de pesca e a utilización de artes de pesca que limiten o impacto ambiental.

Realización de cursos formativos destinados a tódolos profesionais do mar, co fin de fomentar a aplicación de prácticas de pesca e a utilización de artes de pesca que limiten o impacto ambiental.

Comercialización de novas especies como centolla e algas ecolóxicas.

Comercialización de nova especies como a centola. Comercialización de novas especies como as algas ecolóxicas.