TALLERES DE COCIÑA
DE 16:30 a 20:30
A ELIXIR DATA
16, 17 ou 18 de SETEMBRO
MARISCOS E ALGAS
AMEIXAS, WAKAME
E ESPAGUETI DE MAR
#OMarEnTapas 2025

Visitas guiadas á Aula “O Canto do Mar”. Talleres a pé de praia para os máis cativos. Roteiros guiados polo oficio marisqueiro. Escolle a túa actividade favorita e contáctanos!

“Un Mar de Tradicións e Sabores” é a proposta da OPP20 para a súa participación na Feira SALIMAT 2022 e 2023 co obxectivo de poñer en valor o Marisco e as Algas de A Illa.

Ameixas, berberechos, camarón ou navallas, son algúns dos exquisitos alimentos que a OPP20 recolle cada día para disfrute dos paladares máis esixentes.
NUESTRA OPP
responsable, equilibrada, sostible e competitiva
A OPP–20 é unha organización adicada ao marisqueo e acuicultura, constituída co obxectivo de fomentar a extracción dos recursos mariños vivos dunha forma responsable, equilibrada, sostible e competitiva, así como de mellorar as condicións de vida e traballo para os traballadores do mar e contribuir á conservación do medio mariño e biodiversidade das especies.
DENDE A RESPONSABILIDADE E SUSTENTABILIDADE
Esta organización dende a súa orixe sempre mostrou inquedanza cara o futuro da pesca e a conservación do mar, polo que á hora de escoller o marisco que traballamos temos en conta tanto as recomendacións científicas, as das administracións públicas e as de organizacións ambientais e sociais que traballan para asegurar o futuro da pesca artesá e do mar.
A cultura e tradición polo mundo do mar está moi enraizada na Illa de Arousa, pobo mariñero por excelencia que ollou como o seu desenvolvemento socioeconómico estivo moi vencellado ao marisqueo. Os mariscadores da Illa de Arousa, na súa maior parte mulleres, son traballadores exemplares que con gran esforzo conseguen sair adiante grazas a riqueza dos seus areais e o seu enorme traballo diario.
PRODUTOS
As especies comercializadas polos membros da OPP son extraídas nas zonas das que se dispón de autorización administrativa e nas zonas de libre marisqueo de competencia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
MARISCOS
Algunhas das nosas especies de marisqueo son: as ameixas de varios tipos, berberecho, vieira, camarón…
ALGAS
Ofrecemos algas 100% ecolóxicas: leituga de mar, correa, wakame, ramallo, kombu…
NUESTROS PRODUCTOS ESTÁN CERTIFICADOS
ÚLTIMAS NOTICIAS
A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica
A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de...
A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa
Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental...
A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026
As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do...







