ARTES
marisqueo e recolleita de algas
Marisqueo a pe
Este marisqueo é realizado nas praias e nas rochas, capturando habitualmente deste xeito ameixas (ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xapónica, …), berberechos, navallas, etc.
Neste labor empréganse útiles como:
- Sacho: é o máis empregado maiormente na recolleita de ameixa.
- Angazo: empregado para remover a area e deixar ao descuberto a ameixa, o berberecho, …
- Salabardo: o/a mariscador/a acompañado por outro utensilio vai enchendo a rede de area, erguendo de cando en vez para deixar caer a area e desta forma quedar retido o marisco na rede.
- Fouciño: con este útil recóllese a ameixa unha a unha, xa que o mariscador percorre toda a praia burato por burato.
- Truel: utilízase para a extracción do camarón en toda a ría. Pódese considerar unha arte selectiva e máis limpa, soamente captura camarón de capturarse outra especie accidentalmente volveríase inmediatamente ao mar sen facerlle dano algún, tamén é más limpa se a comparamos coas nasas.


Marisqueo a Flote
É o que se realiza dende unha embarcación.
Neste labor empréganse útiles tales como:
- Rastrillo ou angazo: utilízase para a captura de moluscos, como a ameixa. Debido ao esforzo que require este arte o seu empleo é moi limitado.
- Raño e gancha: utilízase igual que o angazo pero son máis lixeiras polo que requiren menor esforzo.
- Truel: utilízase para a extracción do camarón en toda a ría. O esforzo que se realiza en comparación con outras artes é bastante pequeno. Pódese considerar unha arte selectiva e máis limpa, soamente captura camarón e se capturase outra especie accidentalmente volveríase inmediatamente ao mar sen facerlle dano algún.

Imaxe: Mónica Iriago
RECOLLEITA DE ALGAS
As algas son un dos recursos mariños máis abundantes e cun enorme potencial atendendo aos múltiples usos que poden ter (como alimento, combustible, cosméticos, fertilizantes, etc.). Especies comercializadas pola nosa organización como a leituga de mar, wakame, correa, kombu, ramallo de mar e gracilaria achegan alto contido de minerais, vitaminas e fibras á nosa dieta, nutrientes esenciais e de doada asimilación.
A recolleita das algas e feita a man, sobre as as rochas e normalmente dentro da auga, seleccionando e cortando as plantas adultas no seu momento óptimo de desenvolvemento.
A OPP-20 converteuse nunha das organizacións con maior volume de recolleita de algas nos últimos anos e a única comercializadora de algas ecolóxicas de Galicia.


Imaxe: Martina Miser

Wakame ecolóxico