
PRODUTOS
Responsables, sostibles e ecolóxicos
PRODUTOS

As especies comercializadas polos membros da OPP son extraídas nas zonas das que se dispón de autorización administrativa e nas zonas de libre marisqueo de competencia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
MARISCOS
de marisqueo responsable e sostible

AMEIXA RUBIA
Sobre todo, todos os seus nomes están relacionados coas cores da súa cuncha, xa que son diversas: morado, marrón, dourado, avermellado, amarelo, o que a converte nunha ameixa visualmente atractiva ou rechamante. Hai cunchas que combinan estas cores entre si en tons como o ouro avermellado ou o rosa violeta ou presentan, á súa vez, estampados romboides, raias ou lisos.

AMEIXA BABOSA
Normalmente máis pequena que a ameixa fina e más alongada. É doado de recoñecer de acordo coa súa morfoloxía externa, máis cadrada. Só se lle marcan as estrías lonxitudinais (as concéntricas) e non as radiais, ao contrario que a ameixa fina. O seu sabor e textura é moi similar á ameixa fina e admite os mesmos tipos de presentación.

AMEIXA XAPÓNICA
A diferenza da ameixa fina ten as súas liñas moi marcadas, formando cuadrículas ao cruzarse. A súa cor varía entre tostado, gris e negro. A ameixa xapónica non é autóctona de Galicia, pero o seu cultivo está moi estendido na nosa comunidade grazas ao seu rápido crecemento.

BERBERECHO
A súa cuncha é bombeada, fonda e ovalada, e de cor branca ou branca e marrón, con tons agrisados e manchas pardas. É unha especie de crecemento rápido e vida curta.

Reloxo, Carneiro e Amaeixa Bicuda
RELOXO
Caracterízase pola súa forma case circular con marcadas estrías concéntricas na súa cuncha. É de cor branca crema e posúe unhas pequenas bandas en zigzag de tonalidade máis escura. A súa carne é máis dura que a da ameixa.
CARNEIRO
Tamén chamado escupiña, aseméllase a primeira vista ao berberecho. Caracterízase polo seu gran tamaño. A súa cuncha é moi grosa, e as súas estrías concéntricas moi pronunciadas. Xeralmente, a súa cor é parda.
AMEIXA BICUDA
Caracterízase por ser de cor branca ou amarelada e con frecuencia presenta manchas irregulares. As súas liñas concéntricas case non se aprecian e o seu tamaño é xeralmente menor que o doutras ameixas. Tamén é coñecida como ameixa dourada e en ocasións adoitamos atopala mesturada coa ameixa fina e a ameixa babosa, por posuír con estas unha gran similitude.
MARISCOS de a Illa

CAMARÓN
O seu corpo é comprimido e cunha coraza pouco consistente. A súa cola é moi prolongada respecto ao corpo, e a súa cor é agrisada ou transparente con bandas escuras no abdome que delimitan os segmentos nos que se divide o seu corpo.

NÉCORA
É a ameixa máis apreciada e de máis alto valor polo seu intenso sabor, textura, e pola súa doada manipulación. Ten un espléndido sabor tanto ao natural como á prancha. As ameixas son capturadas de maneira artesanal e a súa mellor época son os meses de xullo e agosto; e novembro e dedembro.

NAVALLA E LONGUEIRON
O seu corpo é comprimido e cunha coraza pouco consistente. A súa cola é moi prolongada respecto ao corpo, e a súa cor é agrisada ou transparente con bandas escuras no abdome que delimitan os segmentos nos que se divide o seu corpo.
ALGAS

100% ECOLÓXICAS
e recolleitadas a man
Certificación de CRAEGA
A OPP-20 converteuse nunha das organizacións con maior volume de recolleita de algas nos últimos anos e a única comercializadora de algas ecolóxicas de Galicia.

KOMBU ecolóxico
Laminaria
É un tipo de alga con forma de lámina moi consumida en Asia, especialmente en Xapón. É un alimento con alto valor enerxético e unha gran achega proteica. Ademáis, carece de graxas mentres que presenta un alto grao en carbohidratos.

Gracilaria ecolóxica
Archaeplastida
Gracilaria é un xénero de algas vermellas (Rhodophyta) de importancia económica para a produción de agar e para uso alimentario de seres humanos e de varias especies de marisco, tamén é usado como ingrediente da xelatina , o cal a axuda para ter esa contextura. Varias especies do xénero cultívanse en varios países en vías de desenvolvemento, incluíndo Asia, Suramérica, África e Oceanía.

RAMALLO ecolóxico
Codium tomentosum
O Codium Tomentosum ou Ramallo de Mar é unha alga de cor verde intensa, de formas redondeadas, cunha carne xugosa e xelatinosa, moi común nas costas galegas. Esta alga é unha das máis empregadas actualmente na cociña, grazas ao seu sabor a mar, comparable co potente sabor do percebe.

LEITUGA DE MAR ecolóxica
Ulva lactuca
Esta alga mariña comestible caracterízase por ter longas follas de cor verde, moi parecidas ás follas de leituga. O seu crecemento prodúcese nas zonas intermareales, crecendo nas rocas e descubríndose durante a marea baixa. Habitualmente podemos adquirir leituga de mar desecada ou en conserva.

CORREA ecolóxica
Himanthalia elongata
Tamén coñecida como espagueti de mar ou cinta, é de cor entre castaña e verde oliva e ten forma estreita e alongada. Medra a partir dun botón cóncavo fixo nas rocas, do que sae un talo en forma de fita de ata 3 m de lonxitude que se divide dicotómicamente. Coñecida como espaguetis de mar, é moi versátil como alimento, pola súa riqueza nutritiva, a súa textura carnosa e sabor suave no padal.

WAKAME ecolóxico
Undaria pinnatifida
As súas follas son moi longas, verdes, cun sabor máis ben doce e unha textura peculiar. No mercado podemos atopala na súa forma fresca ou desecada. Posúe pigmentos naturais con actividades biolóxicas interesantes, por exemplo as xantinas que presentan efecto antioxidante, antiinflamatorio e neuroprotectoras do noso organismo.