PROXECTOS OPP20
Unindo esforzos para mellorar cada día
Sustentabilidade e Competitividade
PROXECTO COLECTIVO DE ASISTENCIA TÉCNICA E VIXILANCIA
Este proxecto ten por obxectivo fomentar a extracción dos recursos mariños vivos dunha forma responsable, equilibrada, sostible e competitiva, ademáis de mellorar as condicións de vida e traballo das personas que se adican a esta actividade e de contribuir a conservación do medio mariño e biodiversidade das especies.
Para a consecución deste obxectivo vanse levar a cabo as seguintes actividades:
A- Asesoramento técnico
- Realización de mostraxes de densidade poboacional nas zonas de producción para o marisqueo a pe e a flote.
- Realización de mostraxes de mortalidade poboacional nas zonas de produción para o marisqueo a pe e a flote
- Realización de mostraxes nos parques de preengorde.
- Realización de mostraxes de captura post-tamizado na lonxa.
- Recollida e remisión de mostras de moluscos a INTECMAR, colaborando coa vixilancia epidemiolóxica.
- Elaboración, en colaboración cos biólogos da Consellería, de informes técnico-biológicos co obxectivo de mellorar a xestión responsable e sostible das zonas de produción.
- Controis de asistencia de extracción, limpezas e traslados para marisqueo a pe e a flote.
- Elaboración de listaxes de limpezas e traslados de semente para marisqueo a pe e a flote.
- Supervisión nas praias das labores de limpeza, sementado e rareos no marisqueo a pe, a flote e recursos específicos.
- Solicitudes de permisos de apertura y anulaciones para marisqueo a pie y a flote.
- Participación na organización de sementeira a pé e a flote.
- Colaboración na formación continua dos socios, organizando cursos que facilitan a adquisición de competencias vencelladas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas nos que viven. Mantendo xuntanzas explicativas coas mariscadoras a pe, mariscadores a flote, e mergulladores de recursos específicos e outros sectores (nasa, trueiro, artes de enmalle, etc.).
- Organizar as quendas de embarcacións encargadas da eliminación dos depredadores nos bancos produtivos.
B- Control de recursos
Para combater o furtivismo existente e evitar o perigo da súa proliferación, é necesaria a existencia de vixilancia en toda a zona. Esta vixilancia ten por obxectivo o control dos propios mariscadores e mariscadoras de A Illa de Arousa e de alleos; colaborando así mesmo coa Consellería do Mar nas funcións de control e vixilancia dos bancos marisqueiros na contorna de A Illa de Arousa.
Os vixiantes por mar ocúpanse de verificar que os documentos de alternancia, e os roles de tripulantes e despachos das embarcacións estén correctamente dilixenciados e despachados, ademáis de controlar en todo momento as zonas de extracción, as tallas e os cupos extraídos. Por terra efectúan os controis de pesada, talla e cupos das mariscadoras a pe, verificando así mesmo os permisos de cada unha delas; tamén acoden con celeridade a calquera punto das concesións en persecución de calquera caso de furtivismo denunciado ou percibido.




