ACTUALIDADE
Mantémosche informado
![]()
A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa
Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló, wakame e codium A Organización de Produtores Pesqueiros OPP20 – Marisco de A Illa organiza unha nova edición dos seus Talleres de Cociña...
Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre
Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser protagonista de O Mar en Tapas A ameixa rubia mantén unha presenza destacada na actividade comercial da Lonxa do Xufre. O seguimento dos datos...
A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas
A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións ambientais e a estacionalidade dos recursos condicionan a actividade marisqueira na Illa de Arousa. Tras un inicio de ano no que o marisqueo a pé...
A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica
A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación sustentable A nécora (Necora puber) volve esta semana á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica establecida pola Xunta de Galicia,...
A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa
Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos de Cabodeiro e Sapeira Con motivo do Día Mundial dos Océanos, a Organización de Produtores Pesqueiros OPP20 – Marisco de A Illa continúa...
A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026
As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A Organización de Produtores Pesqueiros OPP20 – Marisco de A Illa continúa realizando o seguimento da evolución da actividade comercial da Lonxa...
Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?
A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A actividade marisqueira de bivalvos na Illa de Arousa viuse afectada desde mediados de maio por un peche temporal derivado da presenza de toxina...
A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa
A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7, 11, 12, 13 e 15 de maio. A Organización de Produtores Pesqueiros OPP20 – Marisco de A Illa completou unha nova edición dos seus talleres...
Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade
Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos ciclos biolóxicos de varias das principais especies comercializadas na Lonxa do Xufre, entre elas ameixa fina, ameixa rubia, ameixa babosa,...
As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026
A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña marisqueira, marcada este ano polo forte impacto dos episodios de choiva rexistrados na segunda quincena de febreiro. Tras a parada do Nadal, o mes de...
As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría
Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade marisqueira na ría de Arousa. As choivas persistentes afectan directamente ao equilibrio natural da auga, modificando aspectos fundamentais...
A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa
A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da Illa de Arousa e na difusión da importancia da trazabilidade dentro do sector marisqueiro. Durante o mes de xaneiro, a actividade na Lonxa do...
As nosas praias. A nosa riqueza
Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 – Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra no marco da súa medida de trazabilidade, co obxectivo de achegar...
A trazabilidade do marisco da OPP20 permite identificar a evolución da comercialización en 2025. PARTE II
A Organización de Produtores OPP20 continúa a reforzar o seu compromiso coa trazabilidade e a transparencia mediante a publicación periódica de información sobre a comercialización do marisco e das algas da Illa de Arousa. Este seguimento permite coñecer con detalle a...
A Illa de Arousa impulsa un sistema innovador de engorde de ameixa con resultados medibles
A Illa de Arousa desenvolve en 2025 un sistema experimental de engorde de ameixa en gaiolas suspendidas, que permite duplicar o peso da semente en poucas semanas e reforzar a sustentabilidade do marisqueo na ría de Arousa. A Illa aposta pola innovación no engorde de...
A trazabilidade do marisco da OPP20 permite seguir a evolución da comercialización ao longo de 2025. PARTE I
A trazabilidade do marisco da OPP20 é unha ferramenta clave para garantir a transparencia, a calidade e a orixe dos produtos procedentes da Illa de Arousa. Ao longo de 2025, a Organización de Produtoras OPP20 vén publicando de maneira periódica datos oficiais de...
Como funciona a trazabilidade do marisco da OPP20 na lonxa do Xufre
A trazabilidade é clave para garantir a orixe, a calidade e a seguridade do marisco. Na lonxa do Xufre, o marisco da OPP20 segue un proceso perfectamente identificado que permite coñecer o seu percorrido desde a extracción ata a chegada ao consumidor final. Como se...
A OPP20 continúa achegando ao consumidor final información sobre a trazabilidade do seu marisco e algas
A Organización de Produtores Pesqueiros da Illa de Arousa (OPP20) segue desenvolvendo durante o mes de setembro novas accións enmarcadas na súa liña de comunicación directa co consumidor, incluída dentro do Plan de Producción e Comercialización 2025. O obxectivo é...
A OPP20 celebrou novos obradoiros de cociña saudable con marisco e algas de A Illa
Durante os meses de maio e setembro de 2025, a Organización de Produtores OPP20 impulsou un novo ciclo de obradoiros de cociña saudable con marisco e algas locais, enmarcados no seu Plan de Produción e Comercialización, co obxectivo de promover unha alimentación...
A Illa de Arousa serve máis de 4.500 tapas de ameixa rubia na III Edición de “O Mar en Tapas”
A Organización de Produtores de Marisco da Provincia de Pontevedra (OPP20) celebrou a terceira edición da súa ruta gastronómica “O Mar en Tapas”, na que a ameixa rubia foi a gran protagonista. A entidade doou 297 kg deste marisco a 11 locais da Illa, que ofreceron...
A ameixa rubia lidera as vendas de xullo na lonxa do Xufre, cun total de máis de 22 toneladas comercializadas
A lonxa do Xufre rexistrou no mes de xullo un volume total de 22.706,70 kg de marisco e algas comercializados, segundo datos da Organización de Produtoras OPP20. A especie máis vendida foi, con diferenza, a ameixa rubia (Venerupis rhomboides), que acadou os 6.320,90...
A lonxa da Illa supera os 219.000 quilos de produto comercializado no primeiro semestre do ano
A lonxa do porto do Xufre rexistrou a venda de máis de 219.000 quilos de marisco e algas durante o primeiro semestre de 2025. Os datos, recompilados pola OPP20, reflicten a estabilidade da actividade marisqueira na Illa de Arousa, cunha ampla variedade de especies...
Comezan as actividades de posta en valor do oficio marisqueiro 2025
Este mes de maio comezaron as primeiras actividades de posta en valor do oficio marisqueiro organizadas pola OPP20 no marco do seu Plan de Produción e Comercialización 2025. Estas accións teñen como obxectivo achegar á cidadanía, especialmente á xente nova, o...
Nova sección en redes sociais: “QUE HAI ESTA SEMANA NA LONXA?”
Esta semana arrancamos unha nova iniciativa desde a OPP20 para reforzar a comunicación directa co público: a sección “QUE HAI ESTA SEMANA NA LONXA?”, unha publicación semanal a través das redes sociais da organización que informa das especies de mariscos e algas...
Novas publicacións sobre especies pouco coñecidas no marco da campaña OPP20TRAZABILIDADE
Nas últimas semanas, a OPP20 compartiu a través das súas redes sociais novas fichas informativas sobre catro especies mariñas pouco coñecidas pero de gran valor ecolóxico, nutricional e gastronómico. Estas publicacións forman parte da campaña #OPP20TRAZABILIDADE, que...
Os talleres de cociña da OPP20 achegan o mar aos máis pequenos: 6 xornadas de aprendizaxe e sabor
Durante o mes de maio, a OPP20 desenvolveu un total de 6 xornadas de talleres de cociña co alumnado do CEIP Torre Illa, nas instalacións da Lonxa do Xufre. A actividade forma parte das accións incluídas no Plan de Produción e Comercialización 2025 da organización,...
Acción de información aos consumidores para mellorar a trazabilidade dos produtos da OPP20
A OPP20 desenvolve durante este ano 2025 unha nova acción de información aos consumidores co obxectivo de achegar o produto local ao público final e dar a coñecer, dun xeito claro e directo, o proceso de trazabilidade do marisco e das algas da Illa de Arousa. Esta...
A OPP20 traballa na total transparencia para o consumidor final
11 paneis na lonxa do Xufre, 11 carteis na aula O Canto do Mar e folletos informativos na sede e e na lonxa para informar a clientes e ao consumidor final. 4 vídeos que mostran dende a recolección ata a venda final e publicacións explicativas de cada especie para RRSS...
Bivalvos estrela: AS AMEIXAS
Os bivalvos son un grupo de especies dentro da familia moluscos que se caracteriza por ter dúas valvas, é dicir, dúas cunchas unidas nun extremo. Para a OPP20 son o grupo máis importante en canto a número de especies comercializadas: berberecho, reló, carneiro,...
Os crustáceos da OPP20: nécora e camarón
Na OPP20 recóllense dous crustáceos, a nécora e o camarón, ambos certificados coa marca Marisco de A Illa e tamén con PescadeRías. O camarón ten un rostro longo e un...
Nova campaña de promoción da OPP20: II Edición de #OMarEnTapas
#OMarEnTapas é a campaña de promoción de Marisco de A Illa da OPP20 que deu comezo en 2023 e que debido ao éxito colleitado repite singradura este ano 2024 cunha II Edición. Nesta anualidade #OMarEnTapas conta cun total de 14 locais e fai así posible aumentar o...
Os solénidos na OPP20: navalla e longueirón vello
Os solénidos son moluscos bivalvos pertencentes á familia Solenidae ao que pertencen tanto navallas como longueiróns. Na OPP20 recóllense mediante mergullo con subministro de aire. Produtores...
A OPP20 presenta a súa iniciativa de información ós consumidores para contribuír á trazabilidade dos produtos da OPP
A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra, OPP20, que representa aos mariscadores e mariscadoras da Illa de Arousa, leva dende principio de ano traballando no desenvolvemento dunha acción de información aos consumidores que...
Éxito do primeiro taller de cociña de algas e mariscos de A Illa organizados pola OPP20
A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra, OPP20, que representa aos mariscadores e mariscadoras da Illa de Arousa, comezou esta tarde os Talleres de Cociña para a promoción de consumo de marisco e algas de A Illa. Carmen...
De onde veñen as algas da OPP20?
As algas son un dos recursos máis importantes para os produtores e produtoras da OPP20. Recóllenas mediante mergullo con subministro de aire en diferentes zonas da costa que rodean A Illa de Arousa. Deixamos a continuación máis datos de tres destacadas deste comezo de...
A OPP20 busca a xestión sostible da correa ou espagueti de mar a través do proxecto HISARUM
A OPP20 participa no proxecto HISARUM para a repoboación da alga parda Himanthalia elongata coñecida como correa ou espaqueti de mar. Tamén foron obxecto do estudo realizado as algas Sargassum muticum, coñecida como wakame, e a Undaria pinntifida. O proxecto resultou...
A OPP20 inaugura de forma oficial a súa aula virtual de #OCantoDoMar
Gafas de realidade virtual para mariscar e viaxar polo fondo mariño. Experiencias interactivas para ir recoller Marisco de A Illa dende calquera lugar do mundo. Proposta innovadora que vén a sumarse a todos os contidos que xa posúe a aula #OCantoDoMar dende 2022. O...
Marisco de A Illa cambia de imaxe e xa é marca rexistrada da UE
A OPP20 consigue que a nova imaxe de Marisco de A Illa sexa Marca da Unión Europea. Neste ano 2023, co desenvolvemento de novas campañas de promoción e co establecemento de acordos de colaboración que permitirán á OPP20 que a marca Marisco de A Illa sexa mantida na...
#OMarEnTapas, a campaña de promoción 2023
Como vén sendo habitual, a OPP20 protagonizou un ano máis a promoción do Marisco de A Illa, a súa marca de garantía de produto sostible, de proximidade, de calidade e recollido de forma tradicional. A campaña deste ano tivo un enfoque novidoso con respecto ás de anos...
A OPP20 novamente implicada co coidado do medio ambiente
Reparto de material para a sensibilización dos máis maiores a pé de praia. Este verán a OPP20 levou a cabo varias iniciativas para a concienciación sobre a importancia do coidado do medio ambiente, concretamente o medio mariño e os recursos asociados ó mesmo. Se o mes...
Máis de 100 nenos e nenas participaron este xullo nas xornadas MAReILLA organizadas pola OPP20
Persoal da OPP20, así como mariscadoras e mariscadores da entidade, participaron este mes de xullo na iniciativa MAReILLA para a sensibilización ambiental en bancos marisqueiros, continuando coa iniciativa do 2022 de fomentar o traballo de sensibilización a pé de...
Marisco e Algas de A Illa triunfan na Feira Salimat 2023 con ameixa babosa e carneiro
Onte a presidenta da OPP20, Inma Rodríguez, estivo en Salimat para promocionar o marisco e as algas dos nosos produtores e produtoras. O carneiro foi a especie elixida para a posta en valor de especies descoñecidas ou pouco valoradas no mercado, mentres a ameixa...
Crise no marisqueo da Arousa
A principios deste ano pechábanse todos os bancos de libre marisqueo na ría de Arousa, tres meses antes do que é habitual. Así o decidiu a Asociación Rañeir@s, da que forman parte mariscadores e mariscadoras de a flote da OPP20,...
A OPP20 coida dos recursos marisqueiros da Illa de Arousa
Mariscadoras e mariscadores da OPP20 colaboran asiduamente en labores de coidado dos bancos marisqueiros nos que realizan a súa actividade. Así, realizan labores de limpeza de algas para que o marisco non morra por falta de osíxeno ou sementeiras que axuden a repoboar...
Mariscadoras á fronte da dirección da OPP20, con rumbo a un futuro sostible
Mulleres e mar na Arousa sempre foron da man. Mulleres, mar e familia, unha tríade inseparable que conforman o xugo mesmo que deu, dá e dará de beber a toda a sociedade da Illa, facendo así que a súa cultura estea embebida de voces femininas anónimas que nos contan a...
Os máis cativos da Illa xa coñecen “O Canto do Mar”
O CEIP Torre Illa colabora coa OPP20 para organizar as visitas dos máis cativos da Illa á aula de interpretación inaugurada en outubro de 2021. Dende a súa inauguración, pola aula #OCantodoMar pasaron maiores e cativada para desfrutar aprendendo a historia e a...
Unha praga que afecta ó marisqueo, a Ouxa
A ouxa é unha raia coñecida tamén como aguia mariña e co nome científico de Myliobatis aquila. Está incluída no listado de especies vulnerables e polo tanto protexidas da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN). Sen embargo, podemos encontrala en...
LONXA DO XUFRE, A INNOVACIÓN FEITA REALIDADE
A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) inaugurou este venres 23 de decembro o illamento térmico da Lonxa do Xufre, a súa innovación máis recente, pero non a última. Marisco de a Illa é a marca que engloba ó...
A OPP-20 entrega material ao IES de A Illa para o seu laboratorio de ciencias.
Dende a OPP - 20 seguimos levando a cabo iniciativas sociais, como a colaboración con centros de ensinanza de A Illa, polo que no día de hoxe a nova presidenta da organización, Inma Rodríguez Paz, fixo entrega de diverso material (sistema purificador de agua,...
“Marisco de A Illa, o segredo do bo gastrónomo”, a campaña de promoción 2022 da OPP20.
A campaña 2022 da OPP20 foi presentada o 21 de novembro en Santiago de Compostela no Centro Superior de Hostalería de Galicia coa presenza do alcalde da Illa de Arousa e do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Podes ver o vídeo da campaña...
A OPP20 INAUGURA UNHA AULA DE INTERPRETACIÓN DO MARISQUEO DA ILLA DE AROUSA “O CANTO DO MAR” DA OPP20
A Illa de Arousa, 21 de outubro de 2022. A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20), inaugurou hoxe, a Aula de Interpretación do Marisqueo “O canto do mar” na súa sede da Avenida Castelao. Esta aula de interpretación...
A OPP20 chega a case 200 persoas a través de SENSIMAR
A OPP20 pecha as actividades de SENSIMAR A PÉ DE PRAIA cun total de 134 nenos e nenas sensibilizados e medio centenar de adultos. SENSIMAR é unha iniciativa que a OPP20 comezou a traballar en 2021 nas escolas para sensibilizar ós máis pequenos sobre a importancia do...
Sensimar, a iniciativa coa cal a OPP20 conciencia sobre o coidado dos bancos marisqueiros
A Fundación Biodiversidade puxo en marcha en 2020 o proxecto «Sensimar» coa elaboración dun estudo sobre os bancos marisqueiros da Ría Vigo, os usos compartidos do espazo marítimo – costeiro e os impactos e as súas posibles solucións a realizar desde o sector e/o...
A OPP20 presenta na FEIRA SALIMAT ABANCA un mar de tradicións e sabores
A OPP20 colaborou esta tarde na programación de catas e degustacións de produtos do mar de Galicia organizadas pola Consellería do Mar no stand da Xunta de Galicia na Feira Salimat 2022. Baixo o nome de “GALICIA SABE AMAR: MARISCO E ALGAS DE A ILLA, UN MAR DE...
O cambio climático e a falta de relevo xeracional complican a supervivencia do marisqueo galego
Científicos galegos xa avanzaran que os bivalvos galegos non ían saír indemnes do cambio climático. As ondas de calor e os episodios de choivas intensas modifican a salinidade do medio e poñen en risco as poboacións de moluscos, ao comprometer crecemento e desova de...
A Xunta defende que a xubilación das mulleres do mar se equipare á doutros colectivos con máis presenza masculina
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defende a necesidade de modificar os coeficientes redutores da idade de xubilación das mulleres que traballan no sector marítimo-pesqueiro para igualar os daquelas actividades do sector no que a presenza masculina é maioritaria. A...
A Xustiza rexeita o recurso do Estado contra o plan marisqueiro que Galicia deseñou para tres anos
Ser titular dos bancos «non pode esgrimirse para usurpar» o que é unha competencia da comunidade, reza a sentenza. O marisqueo galego traballaba desde hai case un ano co corazón nun puño, pendente do que decidía o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para...
O marisco mellora o sistema inmunitario
O marisco é un alimento que non debería converterse nun luxo reservado para ocasións especiais, pois as súas calidades nutritivas beneficiosas para a saúde fano recomendable na dieta habitual. Ademais, se aproveita as ofertas de venda e conxélao correctamente,...
Como a confraría de A Illa e OPP20 pescaron en Facebook 43 toneladas de lixo mariño
En 2019 creouse un grupo para cordinar esforzos voluntarios para recoller residuos na costa; nas praias e o efecto dese traballo comeza a notarse. Esta fin de semana atopáronse nas praias da Illa varias varias garrafas de plástico recheas con aceite procedente do...
A OPP20 lanza a súa iniciativa MARISCO E ALGAS DE A ILLA, SOSTIBLES E ECOLÓXICOS!
Marisco e Algas de A Illa, sostibles e ecolóxicos é unha aposta da OPP20 por poñer en valor a actividade que realizan os seus produtores e produtoras, así coma os produtos que extraídos durante a mesma. O marisqueo é unha actividade con ampla tradición en Galicia, que...
A OPP20 mellora as condicións de comercialización dos produtos da OPP
Co obxectivo de mellorar as condicións de comercialización do marisco de A Illa mediante a preservación da calidade dos seus produtos, a OPP20 puxo en marcha a mellora do illamento térmico da zona de venda da lonxa protexendo o marisco das temperaturas externas. O...
A OPP20 SENSIBILIZA ÓS/ÁS MÁIS PEQUENOS/AS DE A ILLA SOBRE A IMPORTANCIA DA PROTECCIÓN DO MEDIO MARIÑO
Hoxe o proxecto SENSIMAR, sobre sensibilización ambiental de zonas marisqueiras, aterrizou na lonxa do Xufre para axudar ó sector marisqueiro a sensibilizar ós máis pequenos sobre a importancia do coidado do medio mariño costeiro. SENSIMAR foi un proxecto ideado por...
A OPP20 ensina a coidar do marisco aos máis pequenos
A pesar de vivir rodeados polo mar, na Illa de Arousa non todos os/as nenos/as coñecen a realidade do traballo na ribeira na lonxa e nos peiraos. Por iso dende o CEIP Torre - Illa co apoio da OPP20 púxose en marcha unha iniciativa ca cal os cativos poidan aprender...
A OPP-20 segue loitando contra o furtivismo e a protección do medio ambiente
A OPP-20, como parte do seu Plan de Produción e Comercialización 2021, adquiriu dúas bicicletas eléctricas para que os vixiantes poidan realizar as súas tarefas de vixilancia de praias permitindo así seguir loitando contra o furtivismo reducindo as emisións de...
A OPP20 PARTICIPA NA CAMPAÑA “MARISCO DE A ILLA, O PRACER NA TÚA BOCA!”
Tras o éxito alcanzado no 2020 coa campaña de promoción “Marisco de A Illa, Tradición saudable”, a OPP20 puxo en marcha en 2021 o rexistro de marca “Marisco da Illa” e da campaña “Ou pracer na túa boca!”. O acto, celebrado o pasado 13 de agosto, foi dirixido polo...
A OPP20 da a coñecer a súa marca “Marisco de A Illa” e a campaña “O Pracer Na Túa Boca!”
Tras a creación da marca “Marisco de A Illa” a OPP20 comezou a traballar na promoción da marca para dar a coñecer ao consumidor as vantaxes do consumo do marisco de A Illa. Para comezar a campaña de promoción “O Pracer na Túa Boca!”, enmarcada dentro do PPeC 2021 da...
A OPP-20 leva a cabo a sementeira de millón e medio de ameixa xapónica
Os bancos marisqueiros da Illa de Arousa recibiron o pasado venres un importante aporte de bivalvos para o seu engorde. A OPP-20, xunto coa confraría de pescadores "San Xulián" de A Illa, levou a cabo a sementeira de millón e medio de xuvenís de ameixa xapónica, de 15...
A OPP20 mellora a clasificación da ameixa na lonxa de O Xufre
Como parte do seu Plan de Produción e Comercialización 2021, a OPP20 adquiriu unha nova máquina clasificadora para a ameixa fina dando así continuidade á mellora da clasificación en lonxa do produto marisqueiro. Xa no 2020 a OPP20 instalou dúas novas clasificadoras...
A OPP20 coida do mar e da costa de A Illa de Arousa
En decembro de 2019 a OPP20, xunto coa confraría de pescadores de A Illa de Arousa, puxo en marcha o proxecto "Basura Marina". Esta iniciativa xurdío co obxectivo de axudar e protexer o municipio de A Illa de Arousa de todos os refugallos (principalmente plásticos)...
A OPP20 crea a marca MARISCO DE A ILLA
A OPP20 crea a marca MARISCO DE A ILLA para a mellora da comercialización dos seus produtos en lonxa e para a realización de accións de promoción para aumentar o seu consumo. A diferenciación do produto de a Illa no mercado asociado a un selo identificativo, permitirá...
Drons de vixianza para os bancos marisqueiros
Unha das ameazas da nosa Organización de Produtores de Marisco e Cultivos mariños ( OPP-20) no noso Plan de Comercialización e Produción para 2020, fai referencia ao elevado nivel de furtivismo que afecta o sector, tanto o xerado por bandas organizadas, como o...
As mascarillas reutilizables chegan á OPP20
Dentro do noso PPeC 2020, como medida extraordinaria para facer fronte á epidemia por COVID19, estamos dotando ás nosas e nosos mariscadoras e mariscadores de máscaras reutilizables. Primeiro fixémonos con 1500 exemplares de máscaras quirúrxicas refugables, que foron...
O MARISCO DE A ILLA CONQUISTA SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Cidade da Cultura acolleu no día de onte a presentación da campaña de promoción da OPP20 “Marisco de A Illa, Tradición Saudable”. A campaña, que ten como finalidade a promoción do consumo de marisco da Illa de Arousa, aterrou onte na Cidade da Cultura de Santiago de...
MARISQUEO SEGURO
Dentro do noso PPeC 2020, como medida extraordinaria para facer fronte á epidemia por COVID19, estamos dotando ás nosas e nosos mariscadores de máscaras. Primeiro fixémonos con 1500 exemplares de máscaras quirúrxicas refugables, que foron repartidas entre socios e...
NOVA DATA PARA A PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA “MARISCO DE A ILLA, TRADICIÓN SAUDABLE”
O próximo 9 de setembro preséntase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela “Marisco de A Illa, Tradición Saudable” desenvolvida pola Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20), tras a cancelación sufrida para o...
Cancelación acto de presentación “Marisco de A Illa. Tradición Saudable”
Cancélase o acto de presentación da campaña de promoción "Marisco de A Illa. Tradición Saudable" do próximo luns 31 de agosto debido ó falecemento do noso compañeiro Rubén Acha. Informaremos próximamente da nova data para o acto.
“MARISCO DE A ILLA, TRADICIÓN SAUDABLE”, A NOVA CAMPAÑA DA OPP20 PARA PROMOCIONAR O SEU PRODUTO
O próximo 31 de agosto preséntase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela “Marisco de A Illa, Tradición Saudable” desenvolvida pola Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) A campaña ten como finalidade a...
A OPP20 ESTREA CLASIFICADORAS NA LONXA DE O XUFRE
As mariscadoras/es da OPP20 axilizarán a clasificación e pesaxe dos seus produtos na lonxa de A Illa, o que repercutirá nunha mellora da súa trazabilidade e da conservación da súa calidade, neste enclave de tradición marisqueira. Enmarcada no seu Plan de Produción e...
Marisco de A Illa. Tradición Saudable.
A OPP20 está deseñando unha campaña de promoción de marisco de A Illa de Arousa titulada "Marisco de A Illa. Tradición Saudable". O público obxectivo é o sector da hostalería de Galicia, principal cliente da OPP, a través de quen chegamos ó cliente final. Atopámosnos...
Axudas ó sector para paliar as consecuencias do COVID19
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este luns a convocatoria das axudas do Goberno ao sector da pesca e acuicultura para paliar a perdas económicas como consecuencia do coronavirus. A convocatoria tomará en conta para o apoio a pescadores, armadores e...
O marisqueo paralizado por falta de compradores e dificultades para garantir a saúde.
Sen compradores e sen poder articular as medidas axeitadas para gardar as distancias que marca o protocolo de loita contra o COVID-19, a maior parte das confrarías da ría de Arousa decidiron botar o peche e cancelar a extracción de marisco en Os Lombos, O Bohído e...
Nota informativa da DGMARE da UE co motivo da alerta sanitaria debida ao COVID-19
A grave emerxencia de saúde pública que estamos a vivir na actualidade ten enormes consecuencias para os cidadáns, a sociedade e a economía. Así, estamos a ver como se limitou a produción de moitas empresas, afectou aos mercados e influíu na baixada de prezo do...
















































































