+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20 chega a case 200 persoas a través de SENSIMAR

Set 22, 2022Noticias Gal

A OPP20 pecha as actividades de SENSIMAR A PÉ DE PRAIA cun total de 134 nenos e nenas sensibilizados e medio centenar de adultos.

SENSIMAR é unha iniciativa que a OPP20 comezou a traballar en 2021 nas escolas para sensibilizar ós máis pequenos sobre a importancia do coidado dos recursos naturais da zona costeira para que actividades tradicionais e sostibles coma o marisqueo poidan levarse a cabo.

En 2022, SENSIMAR levouse a pé de praia aproveitando os meses de verán de xullo e agosto, para que as crianzas sensibilizadas e os adultos acompañantes puidesen ver o entorno e desfrutar da actividade no entorno no cal se levan a cabo as actividades marisqueiras.

Así, sensibilizouse sobre a importancia do marisqueo, o uso compartido do espazo co ocio, e a necesidade do respecto mutuo no uso dos espazos compartidos. A través de pósters informativos e unha unidade didáctica con contidos e actividades sobre aspectos de interese para a OPP20, nenas e nenos puideron coñecer máis sobre a zona costeira na que se atopaban.

Foron escenarios desta actividade as praias do Bao, Camaxe, Conserrado, Xastelas, Cabodeiro e Aguiuncho. Un total de 134 nenos e nenas, así como 49 homes e mulleres pasaron pola carpa itinerante este verán na Illa de Arousa.

Acción incluida no PPeC 2022 da OPP20, cofinanciada polo FEMP e a Xunta de Galicia.

#OMarEnTapas, a campaña de promoción 2023

Como vén sendo habitual, a OPP20 protagonizou un ano máis a promoción do Marisco de A Illa, a súa marca de garantía de produto...

A OPP20 novamente implicada co coidado do medio ambiente

Reparto de material para a sensibilización dos máis maiores a pé de praia. Este verán a OPP20 levou a cabo varias iniciativas...

Máis de 100 nenos e nenas participaron este xullo nas xornadas MAReILLA organizadas pola OPP20

Persoal da OPP20, así como mariscadoras e mariscadores da entidade, participaron este mes de xullo na iniciativa MAReILLA para a...

Marisco e Algas de A Illa triunfan na Feira Salimat 2023 con ameixa babosa e carneiro

Onte a presidenta da OPP20, Inma Rodríguez, estivo en Salimat para promocionar o marisco e as algas dos nosos produtores e...

Crise no marisqueo da Arousa

A principios deste ano pechábanse todos os bancos de libre marisqueo na ría de Arousa,...

A OPP20 coida dos recursos marisqueiros da Illa de Arousa

Mariscadoras e mariscadores da OPP20 colaboran asiduamente en labores de coidado dos bancos marisqueiros nos que realizan a súa...

Mariscadoras á fronte da dirección da OPP20, con rumbo a un futuro sostible

Mulleres e mar na Arousa sempre foron da man. Mulleres, mar e familia, unha tríade inseparable que conforman o xugo mesmo que...

Os máis cativos da Illa xa coñecen “O Canto do Mar”

O CEIP Torre Illa colabora coa OPP20 para organizar as visitas dos máis cativos da Illa á aula de interpretación inaugurada en...

Unha praga que afecta ó marisqueo, a Ouxa

A ouxa é unha raia coñecida tamén como aguia mariña e co nome científico de Myliobatis aquila. Está incluída no listado de...

LONXA DO XUFRE, A INNOVACIÓN FEITA REALIDADE

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) inaugurou este venres 23 de...