
Que é a iniciativa “Basura Marina”?
É unha iniciativa de concienciación e sensibilización social sen ánimo de lucro creada no municipio da Illa de Arousa.
O seu obxectivo é axudar e protexer A Illa de Arousa do lixo (principalmente plásticos) que chegan do mar e que se depositan nas súas costas, sen esquecernos de concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre o grave problema dos microplásticos na Ría de Arousa.
Para conseguir o obxectivo, lévanse a cabo múltiples accións de vixilancia costeira e limpeza de lixo grazas a persoas voluntarias que invirten o seu tempo nesta iniciativa coa que colaboran múltiples entidades.
De onde xurde?
Os principais impulsores desta iniciativa son a Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20), a Confraría San Xulián da Illa de Arousa, e sobre todo Juan José Rial Millán, membro do consello de administración da OPP20 e Patrón Maior da Confraría.