+0034 986 551 107 info@opp20.com

A Xustiza rexeita o recurso do Estado contra o plan marisqueiro que Galicia deseñou para tres anos

Mar 17, 2022Noticias Gal

Ser titular dos bancos «non pode esgrimirse para usurpar» o que é unha competencia da comunidade, reza a sentenza.

O marisqueo galego traballaba desde hai case un ano co corazón nun puño, pendente do que decidía o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para saber se podía seguir explotando ou non os bancos naturais. Ocorre que o Ministerio de Transición Ecolóxica pedira a anulación dese plan —mediante o que a Xunta impón normas, regras, horarios e cotas nas concesións marisqueiras—, porque a Administración autonómica non pedira a Costas o informe «preceptivo e vinculante», segundo a tese do Estado, para poder facelo.

E a Xustiza dixo finalmente que si. Que poden seguir traballando. Que a Consellería do Mar non ten que pedir permiso a Costas para ditar normas, dado que ten competencias exclusivas en materia de acuicultura, por moito que esas regras que marca afecten a terreo do dominio público marítimo-terrestre e, xa que logo, titularidade do Estado. De acordo coa sentenza, un cousa é ser titular do espazo físico no que se realiza a actividade marisqueira e outra distinta é poder entrar a gobernalo sen ter as competencias de planificación, que están en mans do Goberno galego.

O Estado pretendía facer pasar a explotación dos bancos naturais galegos por un aproveitamento especial do dominio público atendendo á rendibilidade que non obteñen todos os cidadáns por igual e, xa que logo, estaría suxeito a autorización administrativa e a ese informe previo da Administración do Estado. Unha interpretación que, a xuízo de Mar, excedía a literalidad dese artigo 112 da Lei de Costas ao que se aferraba Transición Ecolóxica, ata o punto de raiar, segundo o letrado da Xunta, nunha «interpretación teleológica» do mesmo.

Para o Goberno galego está ben claro que ditar normas para o marisqueo é exercer a competencia exclusiva que Galicia ten en marisqueiro. Tal é así que en 30 anos de plans jamás esixíraselle ese informe que, curiosamente, non se lle estaba esixindo a outras comunidades autónomas que tamén teñen plans de marisqueo. Por iso deixou constancia nas súas alegacións da tentación de invadir competencias que non lle corresponden. Paradoxalmente, o Estado leva anos sen meterse na cuestión dos pérmex (permisos de explotación), na que si tería algo que dicir e que requirir.

O TSXG entendeu perfectamente que o plan xeral de explotación marisqueira «non é unha declaración de zonas de interese para cultivos mariños», nin tampouco un instrumento «que outorgue concesións nin autorizacións», casos nos que si sería preceptivo ese informe vinculante. O único que fai é planificar a actividade. É máis, se ese «instrumento de planificación de recursos marisqueiros» necesitase permiso do Estado, «estaríase desnaturalizando a atribución competencial autonómica nesta materia (…) mediante a inxerencia da vontade dunha Administración que non é competente sobre o réxime de explotación deses recursos», por máis que sexa titular do espazo físico.

En definitiva, o fallo rexeita o recurso do Estado, imponlle costas do proceso e deixa en pé as normas marisqueiras ata o ano que vén.

«Unha vitoria de case 9.000 profesionais»

A Xunta non pode estar máis que satisfeita cunha sentenza que ratifica «un por un» os argumentos de Galicia para rexeitar a intromisión do Estado. É, di, «unha vitoria do sector marisqueiro galego e dos 9.000 profesionais ante un ataque arbitrario do Executivo do Estado contra un sistema que leva funcionando perfectamente desde hai máis de 30 anos». E alude ao desastre que sería derrogar ese plan trienal: «Xeraría un baleiro legal na explotación dos recursos marisqueiros, pois eliminaría as regras que garanten unha actividade ordenada, sustentable e respectuosa co medio ambiente». Mar agarda que «o Goberno caera da burra por fin» e desista de recorrer unha sentenza que, como sostiña a Xunta, di «que non é necesario o informe preceptivo e vinculante que reclamaba» Transición Ecolóxica aferrándose á Lei de Costas e, mesmo á de Pesca de Galicia, pois esa esixencia invade competencias autonómicas. O TSXG comparte tamén que o plan non outorga zonas de explotación, senón que só planifica a actividade en dominio público, que é unha incongruencia pedir un trámite 30 anos despois do primeiro plan e que ese cambio de criterio «manifestado unicamente para o caso de Galicia, suporía unha interpretación discriminatoria para con esta comunidade en relación co resto».

En definitiva, que o fallo confirma «que a ministra Teresa Ribera usa calquera pretexto para atacar ao complexo mar-industria de Galicia».

#OMarEnTapas, a campaña de promoción 2023

Como vén sendo habitual, a OPP20 protagonizou un ano máis a promoción do Marisco de A Illa, a súa marca de garantía de produto...

A OPP20 novamente implicada co coidado do medio ambiente

Reparto de material para a sensibilización dos máis maiores a pé de praia. Este verán a OPP20 levou a cabo varias iniciativas...

Máis de 100 nenos e nenas participaron este xullo nas xornadas MAReILLA organizadas pola OPP20

Persoal da OPP20, así como mariscadoras e mariscadores da entidade, participaron este mes de xullo na iniciativa MAReILLA para a...

Marisco e Algas de A Illa triunfan na Feira Salimat 2023 con ameixa babosa e carneiro

Onte a presidenta da OPP20, Inma Rodríguez, estivo en Salimat para promocionar o marisco e as algas dos nosos produtores e...

Crise no marisqueo da Arousa

A principios deste ano pechábanse todos os bancos de libre marisqueo na ría de Arousa,...

A OPP20 coida dos recursos marisqueiros da Illa de Arousa

Mariscadoras e mariscadores da OPP20 colaboran asiduamente en labores de coidado dos bancos marisqueiros nos que realizan a súa...

Mariscadoras á fronte da dirección da OPP20, con rumbo a un futuro sostible

Mulleres e mar na Arousa sempre foron da man. Mulleres, mar e familia, unha tríade inseparable que conforman o xugo mesmo que...

Os máis cativos da Illa xa coñecen “O Canto do Mar”

O CEIP Torre Illa colabora coa OPP20 para organizar as visitas dos máis cativos da Illa á aula de interpretación inaugurada en...

Unha praga que afecta ó marisqueo, a Ouxa

A ouxa é unha raia coñecida tamén como aguia mariña e co nome científico de Myliobatis aquila. Está incluída no listado de...

LONXA DO XUFRE, A INNOVACIÓN FEITA REALIDADE

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) inaugurou este venres 23 de...