+0034 986 551 107 info@opp20.com

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

Mar 31, 2026Noticias Gal

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña marisqueira, marcada este ano polo forte impacto dos episodios de choiva rexistrados na segunda quincena de febreiro.

Tras a parada do Nadal, o mes de xaneiro supuxo unha recuperación progresiva da actividade, especialmente no marisqueo a pé, que retomaba pouco a pouco o traballo nos bancos marisqueiros. Neste período, as principais especies comercializadas foron a ameixa xapónica, a ameixa rubia, o longueirón vello e a navalla, xunto cun importante volume de algas mariñas procedentes da actividade extractiva da Illa de Arousa.

Durante febreiro, e a pesar do descenso da actividade provocado polas intensas precipitacións das últimas semanas do mes, a lonxa conseguiu superar o importe comercializado en xaneiro. Neste contexto, a estabilidade da ameixa xapónica e o importante peso comercial das algas —especialmente wakame e ramallo de mar— resultaron claves para manter a actividade comercial nun momento xa complicado para outras especies máis sensibles ás variacións de salinidade e ás achegas masivas de auga doce.

Pola contra, especies como o longueirón vello ou a navalla comezaron xa a rexistrar unha baixada significativa nas cantidades comercializadas, coincidindo co empeoramento das condicións ambientais nos bancos marisqueiros.

Os datos provisionais de marzo apuntan xa ás consecuencias máis preocupantes deste episodio meteorolóxico prolongado. A recuperación dos bancos marisqueiros será lenta e dependerá da evolución das condicións ambientais nas próximas semanas, nun contexto especialmente delicado para o marisqueo a pé da ría de Arousa.

Esta acción enmárcase no PPeC 2026 da OPP20, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA, dentro das accións divulgativas de |OPP20TRAZABILIDADE.

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...

As nosas praias. A nosa riqueza

Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 –...

A trazabilidade do marisco da OPP20 permite identificar a evolución da comercialización en 2025

A Organización de Produtores OPP20 continúa a reforzar o seu compromiso coa trazabilidade e a transparencia mediante a...