A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7, 11, 12, 13 e 15 de maio.
A Organización de Produtores Pesqueiros OPP20 – Marisco de A Illa completou unha nova edición dos seus talleres infantís de cociña saudable, unha iniciativa orientada a achegar os produtos do mar, a alimentación equilibrada e a cultura mariñeira ao alumnado do CEIP Torre Illa.
Os talleres desenvolvéronse os días 6, 7, 11, 12, 13 e 15 de maio, contando coa participación de 190 alumnos e alumnas de Educación Primaria de todos os cursos do centro educativo. En total, participaron 34 escolares de 1º de Primaria, 33 de 2º, 36 de 3º, 31 de 4º, 21 de 5º e 34 de 6º.
A actividade apostou por unha metodoloxía práctica e adaptada ás distintas idades, permitindo ao alumnado coñecer mellor os produtos do mar e descubrir novas formas de consumo saudable a partir de especies ligadas ao territorio, como a ameixa e as algas mariñas.
Durante os obradoiros realizáronse diferentes elaboracións culinarias pensadas para achegar os sabores do mar á cativada dunha forma dinámica e participativa. Entre as receitas preparadas destacaron as galletas con algas, os crocantes de arroz e algas con hummus e as ameixas, fomentando a experimentación gastronómica e o coñecemento dos produtos locais.

Como complemento á experiencia, o alumnado recibiu un receitario con propostas de cociña saudable elaboradas con marisco e algas, incluíndo receitas como galletas con algas, crocantes de arroz e algas con hummus, aperitivo de ameixas en salsa verde e empanada de millo con berberecho
Esta acción forma parte do PPeC 2026 da OPP20, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA, reforzando o compromiso da entidade coa promoción dos produtos pesqueiros locais, a educación alimentaria e a transmisión da cultura mariñeira entre as novas xeracións.
