+0034 986 551 107 info@opp20.com

LONXA DO XUFRE, A INNOVACIÓN FEITA REALIDADE

Dec 26, 2022Noticias Gal

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) inaugurou este venres 23 de decembro o illamento térmico da Lonxa do Xufre, a súa innovación máis recente, pero non a última.

Marisco de a Illa é a marca que engloba ó marisco da OPP20, que se caracteriza pola súa calidade. Esta calidade innata atopa na Lonxa do Xufre a maquinaria e infraestrutura ideal para abastecer ó mercado sen perda algunha desa calidade da que presumen os areais da Illa de Arousa.

As innovacións na lonxa comezaron pola habilitación dunha área de estabulación para o almacenamento do famoso camarón da Illa e da súa tamén saborosa nécora vivos dende a súa captura ata a súa venda, para o mantemento da súa frescura. Esta área composta por tanques con circulación continua de auga de mar a temperatura controlada con mesas para a poxa especialmente deseñadas para estes produtos, ten un rigorosísimo control de aceso mediante tarxetas electrónicas identificativas.

Case ó mesmo tempo, comezouse a innovación na clasificación do marisco mediante maquinaria específica con control automático de peso e etiquetaxe inmediata permitindo un mellor control e trazabilidade do produto. Así, en 2020 foron adquiridas 2 máquinas que clasifican mediante vibración a ameixa xapónica e a babosa, mentres que entre 2021 e 2022 se adquiriron outras 2 para a clasificación da ameixa fina, unha especie moito máis delicada e que precisa dunha clasificación coidadosa. Esta última foi conseguida mediante o deseño dunha clasificadora por rodillos.

En 2021 tamén comezou a obra que hoxe se quixo inaugurar por ter finalizado neste ano 2022: o panelado da lonxa, que ten por obxectivo mellorar as condicións de comercialización do Marisco de A Illa mediante a preservación da calidade dos produtos da OPP, aumentando o illamento térmico na zona de venda dos mesmos, de forma que non se vexan afectados polas temperaturas externas, sobre todo no verán.

O acto contou coa presenza dos concelleiros de obras e de servizos da Illa de Arousa, Alfonso Salgado e Luís Arosa respectivamente, e da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, ós que a recén nomeada presidenta da OPP20, Inmaculada Rodríguez, e o patrón maior da Cofradía de Pescadores San Julián, Juan José Rial Millán recibiron para mostrarlles a finalización das obras, así como as últimas innovacións da Lonxa do Xufre que vimos de describir, todas desenvolvidas ó amparo do Plan de Produción e Comercialización da OPP20, financiado polo FEMP e a Xunta de Galicia. Tamén estivo presente Juan José González do PP da Illa. Todos se mostraron realmente compracidos coas iniciativas levadas a cabo pola OPP e destacaron a súa gran labor por levar os produtos da Illa de Arousa máis alá das súas fronteiras.

A conselleira destacou a gran labor innovadora da OPP dende 2015, co apoio da Consellería e do FEMP, con investimentos que superan os 200.000€ para a mellora das condicións tecnico-sanitarias da lonxa do Xufre.

E como comentaron patrón maior e presidenta, as innovacións na lonxa non rematan aquí, pois en 2023 está prevista a instalación de paneis solares que fagan deste enclave marisqueiro un lugar máis eficiente enerxéticamente e polo tanto máis respectuoso co medioambiente, así como estudar as necesidades para a instalación a medio-longo prazo dunha depuradora e da venda directa dos produtos da OPP20, chegando así do mar ó prato.

Posteriormente a conselleira e concelleiros puideron visitar O Canto do Mar, a Aula de Interpretación que a organización inaugurou o pasado outubro.

Destacar que os produtos da OPP20 están abalados por PescadeRías como produtos de proximidade, o selo PescaEnVerde de produtos sostibles e con baixa pegada de carbono, así como co selo craega para as súas algas que certifica a súa procedencia de agricultura ecolóxica. Do mesmo xeito, a marca Marisco de A Illa

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...