- Gafas de realidade virtual para mariscar e viaxar polo fondo mariño.
- Experiencias interactivas para ir recoller Marisco de A Illa dende calquera lugar do mundo.
- Proposta innovadora que vén a sumarse a todos os contidos que xa posúe a aula #OCantoDoMar dende 2022.
O venres 3 de novembro, a Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) inaugurou oficialmente as visitas virtuais da súa aula de interpretación “O canto do mar”.
Estiveron presentes na inauguración o alcalde de A Illa de Arousa, Luís Arosa, así coma concelleiras de Educación e Mar, a de Cultura, Servizos Sociais, Xuventude e Igualdade, e a de Turismo, Emprego e Formación. Tamén por parte da Consellería do Mar estivo Sonia Lorenzo, xefa territorial do Mar da Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Tras a benvida e introdución ó acto por parte da presidenta da OPP20, Inmaculada Rodríguez, e un dos membros do seu Consello de Administración, Juan José Rial, onde xa se vislumbraron retazos dos vídeos elaborados para este proxecto, tanto Sonia Lorenzo coma o alcalde felicitaron á OPP20 por este asombroso proxecto que pon en valor unha actividade tradicional e artesanal que é parte esencial da Illa de Arousa e da súa xente.
Despois todos os asistentes á inauguración puideron sumerxirse nesta viaxe da man do seu creador, Rubén Lázaro, da empresa VdeVídeo.
Esta aula de interpretación para o marisqueo en particular, e para a actividade da OPP20 en xeral, foi concibida co obxectivo de promocionar o sector marisqueiro e os produtos da OPP20, sobre todo mediante a colaboración coa comunidade educativa galega.
As visitas virtuais creadas en 2023 permiten a quen acuda a O Canto do Mar acceder ós bancos marisqueiros e somerxerse na actividade dos nosos mariscadores e mariscadoras. Temos 3 posibilidades á disposición dos usuarios e usuarias de #OCantoDoMar:
Percorrido virtual das instalacións da aula didáctica “O Canto do Mar” da OPP20: Coñece como son artes de marisqueo e extracción de recursos específicos a mergullo na Illa de Arousa. Ademais podes ver as instalación interactivas coas que contamos: gafas de realidade virtual Quest 2 e unha pantalla táctil xigante onde coñeceras con detalle o traballo dos homes e mulleres que traballan neste sector.
Coñece en 360º as diferentes especies que comercializamos na Illa de Arousa: Visita virtual do proceso extracción do proceso do marisco e recursos específicos capturados por mergulladores. Este proxecto é un recurso didáctico da aula “O Canto do Mar”. A través de un pantalla táctil de gran formato o visitante pode coñecer as distintas artes no marisqueo e o proceso de captura de algas e anémona.
Experiencia en vídeo 360 para gafas de realidade virtual: A través de un vídeo 360 coñeceremos en primeira persoa como é o proceso de extracción do marisco da Illa e a recolección de algas e anémonas. Gracias os visores de realidade virtual terás unha experiencia inmersiva onde acompañaras a mariscadoras e mergulladores no seu traballo diario.
Ademais, este material estará dispoñible a través da súa web, xunto a un percorrido virtual da aula, o que permitirá tamén acceder a estes contidos a toda persoa que o desexe dende calquera recuncho do mundo: https://opp20.com/o_canto_do_mar.
Esta medida está enmarcada no PPeC 2023 da OPP20, cofinanciado polo FEMPA e pola Xunta de Galicia.