+0034 986 551 107 info@opp20.com

Os crustáceos da OPP20: nécora e camarón

Nov 20, 2024Noticias Gal

Na OPP20 recóllense dous crustáceos, a nécora e o camarón, ambos certificados coa marca Marisco de A Illa e tamén con PescadeRías.

Produtores OPP20

O camarón ten un rostro longo e un corpo semitransparente comprimido lateralmente. A cabeza ten liñas debuxadas en sentido lonxitudinal e oblicuo, liñas tamén presentes no abdome, aínda que son más curtas e transversais.

Vive preto da costa, en augas de pouca profundidade e tranquilas, sobre fondos de rochas ou con moita vexetación. Captúrase con nasas dende embarcación ou con truel dende batea. Autorizada a súa captura durante todo o ano excepto festivos e fin de semana. Nasas: tope diario de 125 nasas por embarcación e 75 por tripulante. Truel: Plan Experimental Anual.

PROPIEDADES SAUDABLES: Baixo en calorías e con gran cantidade de proteínas e graxas saudables omega 3, así coma unha variedade importante de vitaminas e minerais coma o fósforo, o cobre, o zinc, o magnesio, o calcio, o potasio o ferro, o iodo ou o manganeso. Ao alimentarse de algas tamén posúe antioxidantes como a astaxantina, que axudan a protexer as células contra os danos.

O seu caparazón é hexagonal de cor marrón escura e textura de terciopelo. O macho ten o abdome triangular mentres que a femia o ten máis ancho e redondeado. Presenta 5 pares de patas, e o primeiro deles son unhas pinzas. 

Vive nos recovecos que forman as pedras preto da costa. Os produtores e as produtoras da OPP20 captúranas polas noites con nasas dende embarcación. Está prohibida a captura e venda de nécoras ovadas. Ten vedas anuais habitualmente entre xaneiro e xullo. Ten un tope diario de 125 nasas por embarcación e 75 por tripulante.

PROPIEDADES SAUDABLES: A nécora é un dos crustáceos que presenta un maior contido nutritivo, especialmente en proteínas de alto valor biolóxico e un elevado aporte de ácidos graxos omega 3. Posúe diversas vitaminas e minerais coma o calcio, o ferro, o iodo, o zinc ou o potasio. O iodo favorece a creación de tecidos e o desenvolvemento da glándula tiroides. As vitaminas tradúcense en antioxidantes que retrasan o envellecemento celular e preveñen a aparción de cancro.

Acción enmarcada no Plan de Produción e Comercialización 2024 da OPP20, cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Unión Europea.

A Lonxa do Xufre supera as 468 toneladas comercializadas entre xaneiro e setembro de 2026

O maior peso das algas e os cambios na comercialización das principais especies explican a evolución da actividade entre xaneiro...

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...