+0034 986 551 107 info@opp20.com

As nosas praias. A nosa riqueza

Dec 31, 2025Noticias Gal

Guía das praias da Illa de Arousa

As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 – Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra no marco da súa medida de trazabilidade, co obxectivo de achegar á cidadanía unha visión clara e rigorosa da orixe dos recursos mariños da Illa de Arousa e da contorna na que se desenvolve a actividade marisqueira.

A guía percorre as praias da Illa de Arousa describindo a súa localización, características xeográficas, usos tradicionais e os principais recursos mariños asociados a cada zona. Deste xeito, contribúe a reforzar a relación entre produto, territorio e persoas produtoras, poñendo en valor a trazabilidade como ferramenta fundamental de transparencia, identificación da orixe e confianza do consumidor.

A publicación é froito dun traballo de investigación desenvolvido polo alumnado de 4º da ESO do IES da Illa de Arousa, en colaboración coa OPP20, combinando o enfoque educativo co coñecemento profesional do sector marisqueiro. O proxecto promove o coñecemento do patrimonio natural costeiro, a transmisión de saberes ligados ao mar e a concienciación sobre a importancia dunha explotación sostible dos recursos mariños.

Esta guía forma parte das accións de comunicación da OPP20 orientadas a mellorar a visibilidade do marisqueo da Illa de Arousa, reforzar a trazabilidade dos produtos marisqueiros e poñer en valor o traballo das mariscadoras e mariscadores, desde o banco marisqueiro ata o consumidor final.

LIBRO

Medida enmarcada no Plan de Produción e Comercialización da OPP20, cofinanciado polo FEMPA e a Xunta de Galicia.

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...