+0034 986 551 107 info@opp20.com

Éxito do primeiro taller de cociña de algas e mariscos de A Illa organizados pola OPP20

Xuñ 5, 2024Noticias Gal

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra, OPP20, que representa aos mariscadores e mariscadoras da Illa de Arousa, comezou esta tarde os Talleres de Cociña para a promoción de consumo de marisco e algas de A Illa.

Carmen García, da OPP20, deulle a benvida ao primeiro grupo en realizar este Taller (en total son 3), agradecendo á Xunta de Galicia e á Unión Europea os fondos precisos para poder levalo a cabo. Carmen recordou ás asistentes os beneficios de consumir marisco, pois é fonte de iodo, ten un alto contido en ferro e posúe proteínas de alto valor biolóxico, que unido á súa doada dixestión e á baixa porcentaxe de graxas que contén, fan del un compoñente ideal nunha dieta saudable. Do mesmo xeito, destacou que as algas son unha fonte rica en vitaminas e minerais esenciais, como o iodo, o ferro, o calcio ou o magnesio e varias vitaminas do complexo B. Tamén son unha excelente fonte de proteínas e conteñen todos os aminoácidos esenciais que o noso corpo necesita.

Para estes talleres, a OPP20 conta coa colaboración do Chiringo Coco Bao da Illa de Arousa, e da súa cociñeira Victoria Otero, que comezou o taller falando das algas e das súas posibles preparacións e propiedades, xa que son menos coñecidas cás do marisco. Por exemplo, a alga kombu posúe iodo, fibra e diferentes minerais, pódese consumir fervida polo menos durante 1 hora para incorporar a caldos e con legumes, sofrita como guarnición ou recheo, ou en tortilla de pataca, ao forno en empanadas ou quichés, e incluso en potaxes. A wakame é rica en calcio, iodo e potasio e pode consumirse incluso crúa despois dun remollo en auga durante 35 minutos para ensalada ou gazpachos, tamén fervida para sopas, salsas ou ensaladillas, frita como guarnición ou recheo ou en tortilla, ao forno en empanada, pizza, pan, quiches, galletas e guisada en estofados.

Tras esta breve explicación e tras mostrar as algas en cru ás asistentes (neste grupo foron todas mulleres) comezou a preparación, entre Victoria e as asistentes, das 4 receitas que forman parte deste taller:

  • Tapenade de olivas e kombu.
  • Panipuris recheos de bechamel de alga wakame e cogomelos “Portobello”.
  • Navallas con veganesa de cítricos e froitas vermellas.
  • Carneiros á tixola en salsa verde.

Victoria ía explicando as receitas e os trucos para que saian mellor conforme ía repartindo os traballos de pelado, cortado, triturado ou emplatado entre as asistentes. Ao final todas degustaron os pratos, quedando marabilladas co resultado.

O mércores 5 e o xoves 6 de xuño son os outros dous talleres, que terán como protagonistas as mesmas receitas e os mesmos produtos da OPP20: kombu, wakame, navalla e carneiro.

DESCARGAR AQUÍ AS RECEITAS

Esta iniciativa é parte do Plan de Produción e Comercialización da OPP20 para a presente anualidade.

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...

As nosas praias. A nosa riqueza

Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 –...