+0034 986 551 107 info@opp20.com

Acción de información aos consumidores para mellorar a trazabilidade dos produtos da OPP20

Abr 9, 2025Noticias Gal

A OPP20 desenvolve durante este ano 2025 unha nova acción de información aos consumidores co obxectivo de achegar o produto local ao público final e dar a coñecer, dun xeito claro e directo, o proceso de trazabilidade do marisco e das algas da Illa de Arousa.

Esta acción, incluída no Plan de Produción e Comercialización 2025, nace como resposta directa ás necesidades detectadas tras a experiencia de 2024, cando se evidenciou unha demanda crecente por parte de clientes e consumidores/as de:

  • Información clara sobre onde mercar produto da OPP20.

  • Acceso á trazabilidade: como se colleita, clasifica, subasta e distribúe o marisco e as algas.

  • Canles de comunicación directa e estables ao longo de todo o ano.

Obxectivo principal

Establecer unha comunicación directa e continua coa cidadanía, ofrecendo contidos útiles e accesibles sobre o produto da OPP20, desde a súa orixe ata a súa chegada á mesa.

  • Trazabilidade real dende a lonxa ao consumidor.

  • Onde e como mercar produto con garantía OPP20.

  • Novas especies mariñas colleitadas pola OPP (como o carneiro, ameixa bicuda, codium e leituga de mar).

Un compromiso coa transparencia e a sustentabilidade

Esta acción reafirma o compromiso da OPP20 coa trazabilidade, a pesca sostible e a valorización do oficio marisqueiro, aliñando as súas campañas de comunicación coas necesidades reais dos seus públicos e coas oportunidades que ofrece o produto mariño de proximidade.

 

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...