+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20 coida dos recursos marisqueiros da Illa de Arousa

Abr 28, 2023Noticias Gal

Mariscadoras e mariscadores da OPP20 colaboran asiduamente en labores de coidado dos bancos marisqueiros nos que realizan a súa actividade. Así, realizan labores de limpeza de algas para que o marisco non morra por falta de osíxeno ou sementeiras que axuden a repoboar aquelas áreas onde a produtividade baixa por mor das condicións externas.

Loita contra a contaminación

Ademais, tamén realizan asiduamente labores de recollida de lixo. Tanto é así que a OPP20 é impulsora, xunto á Cofradía de Pescadores da Illa de Arousa, da iniciativa BASURA MARINA, que pretende realizar a concienciación e sensibilización social sobre a necesidade de axudar e protexer ó concello da Illa de Arousa de todo o lixo (principalmente plásticos) que chegan ó mar e se depositan nas súas costas.

No seo desta iniciativa, e sendo ABANCA unha das entidades participantes nela, vense colaborando así mesmo no proxecto PLANCTON desenvolvido por AFUNDACIÓN coa financiación da Fundación Biodiversidad.

Imaxe para a difusión da limpeza organizada coa OPP20.

O proxecto PLANCTON convocou dúas limpezas con voluntariado na Illa de Arousa nos últimos meses. A primeira foi o 25 de marzo nos areais das Rubas, Semuíño e Carboeira da Illa de Arousa, retirando máis de dez toneladas de residuos voluminosos, principalmente pneumáticos, grandes cordas, cabos, áncoras en desuso, cables ou boias.

A segunda limpeza foi o 15 de abril no Illote Guidoiro Areoso, a onde se desprazaron un total de 62 persoas voluntarias incluíndo submarinistas tanto da Cofradía da Illa de Arousa como do Club Subacuático Pérez-Sub, conseguindo retirar dos seus areais un total de 2.250 quilos de desperdicios. Os desperdicios leváronse en barco ata o porto do Xufre, onde se clasificaron e pesaron, para a súa posterior xestión.

Voluntarios e voluntarias de limpeza en Illote Guidoiro Areoso.

Vixilancia e control

Outra das labores esenciais é a de vixilancia e control dos bancos marisqueiros para facer fronte a outro dos grandes problemas que afectan a esta actividade, o furtivismo. A Illa de Arousa ten un total de 37 quilómetros de costa que son vixiados de forma habitual.

Mariscadoras realizan a vixilancia dos seus areais durante a época estival, sobre todo naqueles onde máis se concentra o turismo. Por outra banda, a OPP20 ten persoal de vixilancia das áreas de marisqueo tanto a pé como a flote, dispondo de vehículos para ambas tipoloxías.

Imaxe de dron tomada durante unha vixilancia.

Do mesmo xeito, en 2021 levouse a cabo a adquisición dun dron que dá apoio nesta labor. A OPP20 é a primeira entidade marisqueira en Galicia en adquirir un dispositivo desta tipoloxía. Persoal de vixilancia cualificado, utiliza esta innovación para conseguir chegar a lugares de difícil acceso a pé ou con barco, verificando que non se levan a cabo labores de extracción ilegais.

A OPP20 sabe que da sustentabilidade dos recursos naturais depende a súa actividade futura, polo que utiliza todos os medios ó seu alcance para preservar os seus bancos marisqueiros.

Mariscadoras á fronte da dirección da OPP20, con rumbo a un futuro sostible

Mulleres e mar na Arousa sempre foron da man. Mulleres, mar e familia, unha tríade inseparable que conforman o xugo mesmo que...

Os máis cativos da Illa xa coñecen “O Canto do Mar”

O CEIP Torre Illa colabora coa OPP20 para organizar as visitas dos máis cativos da Illa á aula de interpretación inaugurada en...

Unha praga que afecta ó marisqueo, a Ouxa

A ouxa é unha raia coñecida tamén como aguia mariña e co nome científico de Myliobatis aquila. Está incluída no listado de...

LONXA DO XUFRE, A INNOVACIÓN FEITA REALIDADE

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) inaugurou este venres 23 de...

A OPP-20 entrega material ao IES de A Illa para o seu laboratorio de ciencias.

Dende a OPP - 20 seguimos levando a cabo iniciativas sociais, como a colaboración con centros de ensinanza de A Illa, polo que...

“Marisco de A Illa, o segredo do bo gastrónomo”, a campaña de promoción 2022 da OPP20.

A campaña 2022 da OPP20 foi presentada o 21 de novembro en Santiago de Compostela no Centro Superior de Hostalería de Galicia...

A OPP20  INAUGURA UNHA AULA DE INTERPRETACIÓN DO MARISQUEO DA ILLA DE AROUSA “O CANTO DO MAR” DA OPP20

A Illa de Arousa, 21 de outubro de 2022. A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra...

A OPP20 chega a case 200 persoas a través de SENSIMAR

A OPP20 pecha as actividades de SENSIMAR A PÉ DE PRAIA cun total de 134 nenos e nenas sensibilizados e medio centenar de...

Sensimar, a iniciativa coa cal a OPP20 conciencia sobre o coidado dos bancos marisqueiros

A Fundación Biodiversidade puxo en marcha en 2020 o proxecto «Sensimar» coa elaboración dun estudo sobre os bancos marisqueiros...

A OPP20 presenta na FEIRA SALIMAT ABANCA un mar de tradicións e sabores

A OPP20 colaborou esta tarde na programación de catas e degustacións de produtos do mar de Galicia organizadas pola Consellería...