+0034 986 551 107 info@opp20.com

Bivalvos estrela: AS AMEIXAS

Dec 18, 2024Noticias Gal

Os bivalvos son un grupo de especies dentro da familia moluscos que se caracteriza por ter dúas valvas, é dicir, dúas cunchas unidas nun extremo. Para a OPP20 son o grupo máis importante en canto a número de especies comercializadas: berberecho, reló, carneiro, navalla, longueirón vello,… pero sobre todo ameixas. Están certificados coa marca Marisco de A Illa e co selo PescadeRías, de onde se non?

Produtores OPP20

Ameixa rubia

Tamén coñecida como ameixa roxa. O seu nome provén da súa tonalidade encarnada, que lle dá un aspecto diferente ao das outras ameixas. Posúe unha cuncha cuberta por liñas algo máis brillantes, que van paralelas ao bordo exterior dun ton máis pálido ca a súa propia cor. Semella estar pulida. CAPTÚRASE AO LONGO DE TODO O ANO, SEGUNDO OS PLANS ESTABLECIDOS.

É unha especie do submareal, é dicir, está sempre baixo auga, polo que os produtores e produtoras da OPP20 recóllena mediante marisqueo a frote dende pequenas embarcacións, con raños ou rastros. TOPE DIARIO POR PRODUTOR-A: É DIFERENTE PARA PÉ OU PARA FROTE E TAMÉN CAMBIA SEGUNDO O BANCO MARISQUEIRO.

A ameixa rubia destaca polo seu alto contido en minerais, sobre todo ferro, potasio, selenio e calcio, así como vitaminas, principalmente del grupo B, así como vitamina A e E. É unha fonte rica en proteínas de alto valor biolóxico en en ácidos graxos omega 3 que axudan ao sistema cardiovascular e inmunolóxico.

Ameixa fina

A súa cuncha posúe unhas liñas en forma de raios e outras concéntricas que forman os seus característicos cadradiños. A súa cor será distinta dependendo do substrato (area) onde se cría, variando entre branca e acastañada. Os seus sifóns son longos e están separados un doutro, en toda a súa lonxitude, e esta é outra boa característica para distinguila das demais ameixas. CAPTÚRASE AO LONGO DE TODO O ANO, SEGUNDO OS PLANS ESTABLECIDOS.

Xeralmente as capturas fanse mediante marisqueo a pé con sacho, angazos, ou forquillas, ou ben localizando os buratos que deixan os seus sifóns na area. Tamén mediante marisqueo a frote con raño ou rastro. TOPE DIARIO POR PRODUTOR-A: É DIFERENTE PARA PÉ OU PARA FROTE E TAMÉN CAMBIA SEGUNDO O BANCO MARISQUEIRO.

As ameixa finas son unha excelente fonte de proteínas magras e están repletas de nutrintes esenciais coma o ferro, o zinc, o magnesio e vitaminas do grupo B. Ademais, son baixas en grasas e calorías, o que as converte nunha opción ideal para quen busca unha dieta saudable e equilibrada sen sacrificar o sabor.

Ameixa babosa

A cor deste molusco é normalmente gris pálida ou crema, con bandas tenues dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo ao seu borde. Os seus sifóns están unidos en toda a súa lonxitude, sendo precisamente esta característica a que nos permite diferenciala das outras clases de ameixas. CAPTÚRASE AO LONGO DE TODO O ANO, SEGUNDO OS PLANS ESTABLECIDOS.

É máis delicada que outras ameixas. Pequenas variacións de temperatura e de salinidade poden provocar a súa morte e atura menos tempo fóra da auga que outras ameixas. Debido á súa distribución no litoral, captúrase principalmente mediante marisqueo a frote con raños ou rastros e, en menor medida, mediante mariqueo a pé con sachos ou outras artes autorizadas para remover o substrato. TOPE DIARIO POR PRODUTOR-A: É DIFERENTE PARA PÉ OU PARA FROTE E TAMÉN CAMBIA SEGUNDO O BANCO MARISQUEIRO.

Aporta diversos beneficios para a saúde. Esta ameixa é unha excelente fonte de proteínas de alta calidade, así como de minerais coma o ferro, o zinc ou o iodo. Ademais, é baixa en grasas saturadas e rica en ácidos graxos omega-3, que contribúen a manter unha boa saúde cardiovascular. Tamén contén vitaminas do complexo B, que son importantes para o metabolismo enerxético e o sistema nervioso.

Ameixa xaponesa

A característica que máis destaca desta ameixa é que ten as costelas moi marcadas. As liñas que surcan a súa cuncha forman cadradiños ao cruzárense, cadradiños que son moito máis marcados que os da ameixa fina. Cando está aberta é cando se pode ver como ten os sifóns unidos ata a metade, o que a diferenza da ameixa fina. En canto á súa cor é, normalmente, escura, movéndose os tons entre o tostado e o gris case negro. CAPTÚRASE AO LONGO DE TODO O ANO, SEGUNDO OS PLANS ESTABLECIDOS.

Esta especie foi introducida nas nosas costas o pasado século. A súa distribución é similar á da ameixa fina, polo que as súas capturas realízanse principalmente mediante marisqueo a pé nos bancos intermareais, con sacho ou forquilla. Tamén aparece entre as extraccións realizadas meidante marisqueo a frote dende pequenas embarcacións con raños ou rastros. TOPE DIARIO POR PRODUTOR-A: É DIFERENTE PARA PÉ OU PARA FROTE E TAMÉN CAMBIA SEGUNDO O BANCO MARISQUEIRO.

A ameixa xapónica é unha boa fonte de proteínas magras, minerais como o zinc,o ferro ou o iodo, así como de selenio e fósforo. Contén ácidos grasos omega-3, que son beneficiosos para a saúde do corazón e o cerebro. Aportan ademais vitaminas coma a niacina, e a vitamina A, de gran importancia para unha dieta saudable.

Vídeo recolección ameixas da OPP20

Acción enmarcada no Plan de Produción e Comercialización 2024 da OPP20, cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Unión Europea.

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...

As nosas praias. A nosa riqueza

Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 –...