+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20  INAUGURA UNHA AULA DE INTERPRETACIÓN DO MARISQUEO DA ILLA DE AROUSA “O CANTO DO MAR” DA OPP20

Out 24, 2022Noticias Gal

A Illa de Arousa, 21 de outubro de 2022. A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20), inaugurou hoxe, a Aula de Interpretación do Marisqueo “O canto do mar” na súa sede da Avenida Castelao.

Esta aula de interpretación para o marisqueo en particular, e para a actividade da OPP20 en xeral, foi concibida co obxectivo de promocionar o sector marisqueiro e os produtos da OPP20. Co seu desenvolvemento conseguiuse acoller nun espazo coñecido información para a difusión e divulgación da actividade marisqueira para calquera persoa que a queira visitar, especialmente para os máis cativos.

Así, convidouse a participar na inauguración a representantes tanto do CEIP Torre-Illa, coma do IES da Illa de Arousa, cos cales se establecerán proximamente visitas do alumnado, e que valoraron a aula como moi positiva.

No acto, o presidente da OPP20, Juan José Rial Millán, destacou a importancia de poñer en valor a actividade marisqueira e pesqueira dos socios e socias da OPP para buscar o relevo xeracional en primeiro lugar, e en segundo para sensibilizar á sociedade en xeral e ós máis cativos en particular da importancia do medio mariño e o seu coidado.

O acto contou con produtores e produtoras da OPP20 e foi inaugurada oficialmente polo alcalde da Illa de Arousa, D. Carlos Iglesias que destacou a labor de divulgación dos mariscadores e mariscadoras da Illa de Arousa. O alcalde estivo acompañado da subdirectora Xeral de Pesca e Mercados da Pesca da Consellería do Mar da Xunta da Galicia, Marta Villaverde, quen destacou a importancia da dignificación da actividade marisqueira e apoiou totalmente a iniciativa.

A aula conta con 6 paneis informativos sobre a actividade dos produtores e produtoras da OPP, así como de 6 cubos que forman un puzzle tridimensional en tamaño real con temáticas por cores que abarcan dende a innovación no sector ata o marisco como alimento saudable. A aula contén ademais recursos marisqueiros como apeiros para a colleita e artes de pesca, e coleccións de cunchas de mariscos e outros recursos que se atopan nas praias da Arousa. Por último, unha pantalla interactiva contén recursos audiovisuais e xogos para que os máis pequenos interactúen coa actividade a través das novas tecnoloxías.

A aula poderá visitarse de forma guiada previo contacto coa OPP20, e sen guía en horario de oficina da organización.

En 2023 esta aula verase apoiada de forma virtual, de forma que os contidos cheguen a calquera recuncho do mundo, así como se incorporarán a aula novas ferramentas TIC que permitan unha maior interacción co medio mariño.

O nome “O canto do mar” quere utilizar o dobre significado da palabra canto, que significa o borde do mar, que é onde se realiza a actividade marisqueira, así como ó canto, forma fermosa de contar algo.

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...

As nosas praias. A nosa riqueza

Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 –...