+0034 986 551 107 info@opp20.com

Marisco de A Illa cambia de imaxe e xa é marca rexistrada da UE

Out 29, 2023Noticias Gal

A OPP20 consigue que a nova imaxe de Marisco de A Illa sexa Marca da Unión Europea.

Neste ano 2023, co desenvolvemento de novas campañas de promoción e co establecemento de acordos de colaboración que permitirán á OPP20 que a marca Marisco de A Illa sexa mantida na etiquetaxe en diferentes operadores da cadea de valor, fíxose patente a necesidade de renovación da imaxe da marca.

Unha imaxe máis actual, sen perder a esencia da orixinal, pero que permita á OPP modernizar o selo. Para conseguilo optouse por sintetizar a mensaxe, e coas cunchas do logo antigo fíxose unha “D” que significa “Marisco de”, e logo a palabra illA, pero cun apóstrofe enriba que ven a dar a entender xunto ás cunchas “Marisco de A Illa”.

Tras a creación desta nova imaxe, procedeuse a rexistrala como Marca da Unión Europea, a cal foi xa concedida co código 018855647.

Así, a OPP20 prepara unha nova etapa na promoción e comercialización dos seus produtos cunha folla de ruta ben trazada e unha imaxe moderna asociada ó consumo de marisco de calidade procedente dun oficio tradicional, que fará chegar a marca a unha audiencia cada vez máis ampla a través das canles de comunicación da OPP. Prestixio e recoñecemento que se verá traducido nunha mellora do prezo de venda dos seus produtos marisqueiros.

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...

As nosas praias. A nosa riqueza

Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 –...