+0034 986 551 107 info@opp20.com

Comezan as actividades de posta en valor do oficio marisqueiro 2025

Xuñ 13, 2025Noticias Gal

Este mes de maio comezaron as primeiras actividades de posta en valor do oficio marisqueiro organizadas pola OPP20 no marco do seu Plan de Produción e Comercialización 2025. Estas accións teñen como obxectivo achegar á cidadanía, especialmente á xente nova, o coñecemento directo do traballo das mariscadoras e do medio mariño da Illa de Arousa.

As primeiras visitas realizáronse co IES A Xunqueira e co CEIP A Igrexa – Calo, marcando o inicio dunha programación que se prolongará durante todo o ano.

Actividades dispoñibles para todos os públicos

A OPP20 ofrece tres tipos de actividades divulgativas e educativas, pensadas para centros escolares, entidades sociais e público xeral:

Visitas guiadas á aula “O Canto do Mar”
Todo o ano
Percorrido pola exposición interactiva, proxección de vídeos, realidade virtual con lentes 3D e visita ao acuario.

Roteiros guiados polo oficio marisqueiro
Do 15 de xuño ao 15 de setembro (mércores e venres)
Percorrido pola lonxa, porto do Xufre e praia, con explicacións de mariscadoras sobre o proceso de extracción, poxa e trazabilidade.

Talleres a pé de praia para a cativada
Durante xullo e agosto
Actividades prácticas para nenos e nenas en colaboración con ludotecas, campus e campamentos de verán do concello.

As primeiras visitas

  • O IES A Xunqueira participou nun roteiro polo porto e lonxa do Xufre, seguido dunha visita á aula O Canto do Mar, onde viviron unha experiencia inmersiva sobre o oficio marisqueiro.

  • O CEIP A Igrexa – Calo fixo un percorrido adaptado ao seu nivel educativo, combinando lonxa, porto e aula, con gran interese e participación.

Un mar que se coñece, valórase

Estas accións permiten recoñecer o papel fundamental das mariscadoras, difundir o valor social, ambiental e económico do marisqueo artesanal, e poñer en valor o patrimonio mariñeiro da Illa de Arousa.

Compartiremos as visitas nas redes sociais da OPP20.
Máis info e reservas: opp20.com/actividades-de-posta-en-valor-do-oficio

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...