+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20 presenta na FEIRA SALIMAT ABANCA un mar de tradicións e sabores

Xuñ 3, 2022Noticias Gal

A OPP20 colaborou esta tarde na programación de catas e degustacións de produtos do mar de Galicia organizadas pola Consellería do Mar no stand da Xunta de Galicia na Feira Salimat 2022.

Baixo o nome de “GALICIA SABE AMAR: MARISCO E ALGAS DE A ILLA, UN MAR DE TRADICIÓNS E SABORES”, a Organización de Produtores de marisco e cultivos mariños da provincia de Pontevedra, puxo en valor o traballo dos seus produtores e produtoras da man do seu Presidente, Juan José Rial Millán e do vídeo elaborado para a ocasión “Un mar de tradicións e sabores” (https://www.youtube.com/watch?v=jfp7RvoIP6U).

O alcalde da Illa de Arousa estivo presente, mostrando unha vez máis o seu apoio á Organización de Produtores e ós produtos da Illa, e destacando a labor realizada pola OPP para a promoción do marisco e das algas recollidas polos mariscadores e mariscadoras do seu concello.

Os produtos seleccionados para a degustación foron a ameixa rubia e o longueirón na parte dos mariscos, e o codium e o wakame en canto a algas. A ameixa rubia é unha das principais especies de marisco comercializadas pola OPP e tamén das máis valoradas, mentres que longueirón é un vello coñecido que está pouco valorado, e que a organización quere destacar grazas a este tipo de actos. En canto ás algas, ambas son especies principais da OPP, sendo o codium unha especie cada vez máis valorada gastronómicamente.

Ambas especies foron preparadas por Emma Pinal, cociñeira de Gastrobar o Birrán en Ribadavia. A ameixa e o wakame servíronse con arroz, mentres que o longueirón desfrutou da compaña do codium preparado en allo verde.

Mariscos de A Illa é a marca creada pola OPP20 para destacar a alta calidade dos seus produtos e a sustentabilidade dos mesmos certificada polo selo PESCAENVERDE. As algas recollidas polos produtores da Illa están tamén certificadas como de agricultura ecolóxica polo selo CRAEGA.

Un mar de tradicións e sabores quere tamén destacar a tradición e cultura marisqueira da Illa de Arousa, poñendo en valor unha actividade primordial para a poboación insular.

Esta medida está enmarcada no PPeC 2022 da OPP20, cofinanciado polo FEMP e pola Xunta de Galicia.

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...

As nosas praias. A nosa riqueza

Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 –...