+0034 986 551 107 info@opp20.com

“MARISCO DE A ILLA, TRADICIÓN SAUDABLE”, A NOVA CAMPAÑA DA OPP20 PARA PROMOCIONAR O SEU PRODUTO

Ago 27, 2020Noticias Gal

O próximo 31 de agosto preséntase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela “Marisco de A Illa, Tradición Saudable” desenvolvida pola Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20)

A campaña ten como finalidade a promoción do consumo de marisco da Illa de Arousa, extraído pola OPP20, a través da colaboración cos seus clientes principais, o sector da restauración, promovendo o turismo gastronómico en Galicia en base á tradición e á saúde asociadas ó noso produto.

O marisqueo é parte da historia da Galicia costeira, parte da súa tradición. A Illa de Arousa, enclave marítimo de fermosa paisaxe, agocha nos seus areais e nas súas augas o manxar galego por excelencia: marisco; que é fonte de iodo, ten un alto contido en ferro e posúe proteínas de alto valor biolóxico. Isto unido á súa doada dixestión e á baixa porcentaxe de graxas que contén, fai del un compoñente ideal nunha dieta saudable.

Elixíronse tres produtos característicos da OPP, como son a ameixa rubia, a ameixa babosa e o camarón, para os cales cada un dos profesionais da restauración colaboradores aportou unha receita que se poden atopar na web da campaña: https://opp20.com/marisco-de-a-illa e tamén dun folleto que será repartido en mercados en oficinas de turismo a nivel autonómico, tras a súa presentación este próximo luns 31 de agosto.

Participan nesta iniciativa os seguintes restaurantes: Mercamaris, Marisquería Ríos, Cantina do Gaiás, Mar de Crebas, A Barrola, Gastrolab Arousa, Beiramar, Veiramar, O Bioco, O Tuno, A Meca, Brasería A Salga, Chiringuito de praia Coco Bao, Campos, Paprica, Brasería Canedo, Os Cachivaches, Pingallo, Gastro-Bar Sanmiguel, O Barazal.

Ó mesmo tempo elaboráronse dous vídeos que de forma moi clara expoñen ambos aspectos do marisco da OPP20, sendo cara visible da visión saudable do produto a nutricionista e dietista Lidia Folgar, dispoñibles na tamén na web da campaña.

O próximo 31 de agosto, no Auditorio 1 do Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, farase presentación oficial da campaña, onde se visualizarán ambos vídeos e se presentarán o folleto e a web da campaña.

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugurará de forma oficial o acto acompañando ó presidente da OPP20, Juan José Rial Millán, que tamén contará coa presenza de representantes do Concello de Santiago e da Illa de Arousa, de Portos de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

Representantes do sector, incluíndo as diferentes federacións provinciais, autonómica e nacional de Confradías, foron convidados a asitir xunto a representantes da restauración e do turismo de Galicia.

Esta iniciativa está enmarcada no PPeC 2020 da OPP20, cofinanciada polo FEMP e pola Xunta de Galicia.

#OMarEnTapas, a campaña de promoción 2023

Como vén sendo habitual, a OPP20 protagonizou un ano máis a promoción do Marisco de A Illa, a súa marca de garantía de produto...

A OPP20 novamente implicada co coidado do medio ambiente

Reparto de material para a sensibilización dos máis maiores a pé de praia. Este verán a OPP20 levou a cabo varias iniciativas...

Máis de 100 nenos e nenas participaron este xullo nas xornadas MAReILLA organizadas pola OPP20

Persoal da OPP20, así como mariscadoras e mariscadores da entidade, participaron este mes de xullo na iniciativa MAReILLA para a...

Marisco e Algas de A Illa triunfan na Feira Salimat 2023 con ameixa babosa e carneiro

Onte a presidenta da OPP20, Inma Rodríguez, estivo en Salimat para promocionar o marisco e as algas dos nosos produtores e...

Crise no marisqueo da Arousa

A principios deste ano pechábanse todos os bancos de libre marisqueo na ría de Arousa,...

A OPP20 coida dos recursos marisqueiros da Illa de Arousa

Mariscadoras e mariscadores da OPP20 colaboran asiduamente en labores de coidado dos bancos marisqueiros nos que realizan a súa...

Mariscadoras á fronte da dirección da OPP20, con rumbo a un futuro sostible

Mulleres e mar na Arousa sempre foron da man. Mulleres, mar e familia, unha tríade inseparable que conforman o xugo mesmo que...

Os máis cativos da Illa xa coñecen “O Canto do Mar”

O CEIP Torre Illa colabora coa OPP20 para organizar as visitas dos máis cativos da Illa á aula de interpretación inaugurada en...

Unha praga que afecta ó marisqueo, a Ouxa

A ouxa é unha raia coñecida tamén como aguia mariña e co nome científico de Myliobatis aquila. Está incluída no listado de...

LONXA DO XUFRE, A INNOVACIÓN FEITA REALIDADE

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) inaugurou este venres 23 de...