+0034 986 551 107 info@opp20.com

#OMarEnTapas, a campaña de promoción 2023

Set 12, 2023Noticias Gal

Como vén sendo habitual, a OPP20 protagonizou un ano máis a promoción do Marisco de A Illa, a súa marca de garantía de produto sostible, de proximidade, de calidade e recollido de forma tradicional.

A campaña deste ano tivo un enfoque novidoso con respecto ás de anos anteriores, xa que se centrou en promocionar o consumo de marisco de forma directa, a través da participación activa de restaurantes da Illa de Arousa que prepararon tapas gratuítas para ofrecer ós seus clientes o pasado sábado 9 de setembro, coa consumición habitual en cada un deles.

Un total de 14 locais se sumaron a esta iniciativa de promoción que nesta ocasión escolleu como especie protagonista á ameixa roxa ou rubia e que propuxo un percorrido pola contorna da Illa de Arousa para degustar 14 receitas diferentes baixo a denominación de #OMarEnTapas: Restaurante Bar López, Restaurante A Ponte, O Novo Tuno, Bar Restaurante La Perla, Restaurante Xorna, Bar Pescador, Tapería A Chabola, Vinoteca Aldea, Consulta O Cortixo, Brasería A Salga, O Triskel, Restaurante A Meca, Churrasco Con do Sol e Novo Ribeirán.

A cita nos locais participantes foi un éxito, con moitas persoas que acudiron a varios dos locais para seguir a ruta marcada por #OMarEnTapas. De feito 4 dos 14 locais participantes esgotaron os 15kg de ameixa só no servizo de comidas, e do resto consumiron máis de 2/3 das existencias co que pola noite remataron o xénero doado pola OPP20 para a promoción de Marisco de A Illa.

En total doáronse 15kg por local, un total de 210 que serían entre 2100 e 2300 tapas de ameixa roxa nunha soa xornada. Un éxito segundo a opinión dos locais, e por suposto un logro impresionante segundo a valoración da propia organización.

Máis información: actualidade mariscodeailla.com

Acción incluída no PPeC 2023 da OPP20 financiado polo FEMPA e a Xunta de Galicia.

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...

As nosas praias. A nosa riqueza

Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 –...