+0034 986 551 107 info@opp20.com

Máis de 100 nenos e nenas participaron este xullo nas xornadas MAReILLA organizadas pola OPP20

Xul 27, 2023Noticias Gal

Persoal da OPP20, así como mariscadoras e mariscadores da entidade, participaron este mes de xullo na iniciativa MAReILLA para a sensibilización ambiental en bancos marisqueiros, continuando coa iniciativa do 2022 de fomentar o traballo de sensibilización a pé de praia.

Desenvolvéronse un total de 5 xornadas de sensibilización de duración de hora e media cada unha delas, consistentes nun pequeno taller teórico onde se explicaban nocións básicas da actividade marisqueira, artes e útiles que utilizan, especies recolectadas, o concepto de talla mínima, así como a importancia do respecto e coidado do medio mariño, da recollida de lixo no litoral, ou da loita contra o furtivismo. Todo isto embebido da importancia da convivencia dos usos do litoral: deportes, marisqueo, turismo, …, e por suposto a actividade marisqueira.

Este ano participaron nenos e nenas da Ludoteca da Illa de Arousa, así como da Fundación Deportiva Municipal, sempre en grupos abertos ós que se podía unir público xeral que estivese nas praias onde se organizaron as xornadas e que mostrasen interese nas mesmas.

Así, realizáronse actividades nos días e lugares que figuran a continuación:

Mércores 5, levouse a cabo unha xornada de sensibilización, pero como eran nenos e nenas de curta idade, dividiuse ó grupo en dous para traballar mellor con eles. Así, fixéronse dous horarios: 10:30 e 12:00 – Parque Natural do Carreirón.

Venres 7, desenvolvéronse dúas xornadas de sensibilización con dous grupos diferentes: 11:00 e 13:30 – Praia do Cabodeiro.

Luns 17 e mércores 19, realizáronse cadansúa xornada en horario de 10:30 – Praia do Bao e 11:00 – Praia do Cabodeiro, respectivamente.

Un total de 108 nenos e nenas sumáronse á iniciativa e puideron compartir coa OPP20 tempo de lecer unido á aprendizaxe polo respecto á actividade marisqueira e ó medio onde se realiza.

Esta medida está enmarcada no PPeC 2023 da OPP20, cofinanciado polo FEMPA e pola Xunta de Galicia.

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...