+0034 986 551 107 info@opp20.com

Crise no marisqueo da Arousa

Mai 31, 2023Noticias Gal

A principios deste ano pechábanse todos os bancos de libre marisqueo na ría de Arousa, tres meses antes do que é habitual. Así o decidiu a Asociación Rañeir@s, da que forman parte mariscadores e mariscadoras de a flote da OPP20, debido á delicada situación dos recursos e para intentar salvar as demais campañas do ano.

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, da que tamén forma parte a OPP20, vén de denunciar a diminución da produción da ameixa fina, babosa ou loura na ría en máis do 60% nos últimos 10 anos, tras realizar un estudo comparativo de bivalvos que comezaron en 2013. No caso do berberecho a caída é dun 23% de media nos últimos 20 anos.

As perdas económicas estímanse para os mariscadores e mariscadoras da Arousa en preto de 10 millóns de euros para 2022. Isto supón un gran golpe para miles de familias que dependen deste sustento económico, e máis na situación actual de alza de prezos en produtos e servizos básicos para vivir.

A ría está sufrindo un deterioro progresivo que se ve traducido na perda de permex pola falta de recursos. Dende o sector sinalan que nas rochas do interior da ría non se ve nin arneirón nin mexilla, indicador de que a situación é cando menos preocupante.

Mariqueo a flote na Illa de Arousa.

Por estas razóns, o sector lanzou unha nova chamada de socorro á administración autonómica competente, a Consellería do Mar, para que deseñe un plan de actuacións firmes e serias que poidan reverter a situación e axudar ó sector, que teme pola súa supervivencia futura.

Entre as medidas sinaladas polo sector está a dotación económica, material e humana para paliar os efectos desta situación, incluíndo un amplo e rigoroso estudo científico que poida arroxar luz sobre as causas que motivan o deterioro produtivo da ría, e un plan urxente de rexeneración para garantir a próxima campaña.

Dende a Asociación Rañeir@s, e tamén a modo particular dende a OPP20 e a Confraría da Illa de Arousa, véñense reclamando estas medidas de repoboación de bancos marisqueiros que non poden ser abordadas na actualidade só cos recursos das entidades do sector, e que deberían contar con dotación suficiente por parte da administración autonómica. A situación aseméllase grave, e dende a OPP20 seguirase traballando arduamente para conseguir un futuro próspero e sostible para a actividade marisqueira da que dependen gran parte das familias da Illa.

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...