+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20 presenta a súa iniciativa de información ós consumidores para contribuír á trazabilidade dos produtos da OPP

Xuñ 10, 2024Noticias Gal

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra, OPP20, que representa aos mariscadores e mariscadoras da Illa de Arousa, leva dende principio de ano traballando no desenvolvemento dunha acción de información aos consumidores que permita mellorar a información da trazabilidade dos produtos que recollen e comercializan.

Dende bivalvos tan coñecidos e apreciados coma a ameixa fina ou a navalla, pasando polo famoso camarón da Illa e sen esquecerse de produtos de gran importancia para os seus produtores e produtoras como son as algas ou a ameixa xapónica ou a roxa. Todos eles serán protagonistas desta iniciativa que pretende facer chegar ao consumidor final, pero tamén aos comercializadores-as, datos sobre a recolección e posterior venda en lonxa.

O consumidor final poderá acceder a esta información a través da páxina web da OPP20, www.opp20.com, ou a través das súas RRSS. Tamén en formato físico, en paneis situados na lonxa do Xufre.

A preparación de vídeos, paneis, carteis, animacións,… terá como obxectivo que o consumidor final saiba máis sobre a actividade marisqueira e o proceso que permite que o marisco e as algas cheguen ao seu prato, ben sexa na casa ou nun restaurante.

A información sobre o proceso permitirá ao consumidor saber que o que consume procede dunha actividade sostible e respectuosa co medio ambiente, dará nome ás persoas detrás desta actividade, permitirá coñecer como se prepara e se realiza a súa venda, dará información proveitosa sobre o produto e, en definitiva, cumprirá o obxectivo proposto de achegar toda a información posible ao consumidor final para que realice un consumo responsable de produtos do mar apreciando a calidade do que consome.

Toda a información posible será integrada ao mesmo tempo na Aula O Canto do Mar, situada na sede da OPP20, e que acolle principalmente excursións escolares pero que tamén está aberta ao público xeral, de forma que tamén sexa a través deste espazo onde se faga divulgación desta información de gran interese.

Vídeos de YouTube: https://acortar.link/R2PtFG

Exemplo de publicación en Instagram: https://acortar.link/WCHjJs

Esta acción levarase a cabo ao longo de todo este ano, e non se descarta continuar en 2025.

Esta iniciativa é parte do Plan de Produción e Comercialización da OPP20 para a presente anualidade.

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...

As choivas e o seu efecto no marisqueo: coñecer o mar tamén é coñecer os cambios da ría

Durante o último período do mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas tiveron unha importante influencia sobre a actividade...

A Lonxa do Xufre iniciou 2026 cunha ampla variedade de produto mariñeiro da Illa de Arousa

A OPP20 continúa durante 2026 coa iniciativa OPP20TRAZABILIDADE, unha acción centrada na valorización do produto mariñeiro da...

As nosas praias. A nosa riqueza

Guía das praias da Illa de Arousa As nosas praias. A nosa riqueza é unha publicación divulgativa impulsada pola OPP20 –...